O Proxecto didáctico de REGAL XUNQUEIRA en Viveiro, esta ultima semana tivo varias actividades escolares, primeiramente co CEP LOIS TOBIO, no dia de onte co IES ALFOZ – VALADOURO, e a próxima semana terá a visita dun grupo de famílias. Os nenos inícianse na cerámica, creando as súas propias figuras modelando coas mans. Como complemento a esta visita didáctica editáronse unha serie de guías didácticas, acordes aos diferentes niveis educativos: de 3 a 6 anos; de 6 a 9 e de 9 a 12 e alumnos de secundaria.
Os nenos comprenden que o barro é un ingrediente fundamental para a creatividade, que esta arte atópase presente en todalas civilizacións e que tanto pola súa banda artesanal como pola súa calidade como material pódese atopar en todolos ámbitos da vida, desde os máis domésticos ata naqueles nos que se desenvolve a tecnoloxía máis vangardista.
Esta tempada estivo dirixida aos centros de ensino, un programa no que os escolares visitan o taller , museo da cerámica, museo do coiro, a exposición temporal HOMENAXE A CARLOS OROZA POETA, xunto aos seus profesores e compañeiros e gozan de ser “ceramistas por un día”. Explícaselles de forma amena e didáctica o funcionamento do Taller de Cerámica REGAL e os procesos que ven implicados na realización dun xarron ou dunha obra de cerámica. Finalmente eles teñen a oportunidade de elaborar as súas propias creacións.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



