CATORCE SACOS DE LIXO FORON RETIRADOS POLOS ALUMNOS DE 4º DE ESO DO IES PERDOURO DA COSTA DE BURELA NO TREITO COMPRENDIDO ENTRE O BERBÉS E O PARQUE DO CANTIÑO. A ACTIVIDADE REALIZÓUSE COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DOS OCÉANOS.
Burela, 9 de xuño de 2012. Vintecinco rapaces do IES Perdouro de 4º de Eso participaron en tarefas de limpeza da costa entre o Berbés e o parque do Cantiño, acompañados de monitoras da aula medio Gaia e de profesores do centro.
No seu percorrido atoparon redes, cordas, restos de madeira, envases de plástico e de vidro, adenáis doutros obxectos de grande tamaño como boias ou neumáticos.En total recolleron 14 sacos de lixo acumulado en todo eses treito de costa.
O obxectivo desta actividade, que se desenvolveu na xornada de onte, foi ampliar os coñecementos que os alumnos teñen sobre o litoral, a súa riqueza natural e o papel que desempeña no equilibrio ecolóxico do planeta. Identificar os efectos que as actuacións humanas ocasionan nas costas. Concienciar sobre a importancia do medio litoral, a súa fraxilidade, e a necesidade da súa conservación.
Tamén espertar nos alumnos o interese polo medio ambiente e a súa problemática actual. Impulsar actitudes positivas hacia o uso sostible dos recursos. E implicar ao alumnado no descubrimento da riqueza natural que encerra o noso litoral.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, da as gracias “ao profesorado (Bríxida e Faustino) e as monitoras do Centro Gaia pola súa participación e a implicación na actividade e polo desexo de que que ésta se repita en anos sucesivos coincidindo co día mundial dos océanos”. E engadiu que “estamos moi satisfeitos do interese e a motivación espertada entre o alumnado”.























A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



