AS PRAIAS DE A MAROSA E O PORTELO, O BARCO MUSEO REINA DEL CARMEN E A AULA MEDIOAMBIENTAL GAIA LUCIRÁN UN ANO MÁIS AS BANDEIRAS AZUIS QUE LLES VEN DE CONCEDER ADEAC. GONZÁLEZ BARCIA ASEGURA QUE SE TRATA DUNHA MOI BOA NOTICIA PARA BURELA E AGRADECE A COLABORACIÓN DE TODOS OS TRABALLADORES PARA LOGRAR ESTES GALARDÓNS.
Burela, 6 de xuño de 2012. As praias de Marosa e O Portelo, o barco museo Reina del Carmen e a Aula Medioambiental Gaia lucirán un ano máis as bandeiras azuis que lles concede ADEAC. O alcalde, José María González Barcia, asegura que “se trata dunha moi boa noticia para Burela” e subliña que “o equipo de goberno traballa para que Burela sexa de novo referente en Galicia e en España en materia de medio ambiente”.
A praia da Marosa en Burela ven recibindo este galardón desde o ano 1993, “é unha das máis antigas de Galicia”, O Portelo tivo bandeira azul de 1999 a 2002 e desde 2004 ata a actualidade, o barco museo Reina del Carmen recibiuno por primeira vez no ano 2002 e a Aula Medioambiental Gaia no 2000 e mantéñeno desde entón.
Para González Barcia “a renovación da concesión das bandeiras azuis ás praias de A Marosa e O Portelo, ao barco museo Reina del Carmen e á Aula Medioambiental Gaia é sen dúbida unha moi boa noticia para Burela e para os seus cidadáns. Representa que mantemos emblemas que no seu momento foi moi costoso conseguir e veñen ratificar o compromiso do actual equipo de goberno e do anterior equipo de goberno do PP a favor do desenvolvemento turístico e medio ambiental de Burela”.
O alcalde burelés tivo palabras de agradecemento para os veciños de Burela, “sen dúbida ningunha en gran medida esta renovación da concesión das bandeiras azuis se debe tamén ao espíritu de colaboración e de implicación da cidadanía, que se mostra respetuosa coas praias e co medio ambiente. Esto anímanos a seguir traballando a favor dunha maior potenciación turística do noso concello, tendo en conta a situación que estamos a vivir, e tentar recolocar a Burela como referente medioambiental en Galicia e a nivel nacional, tal e como foi hai aproximadamente seis ou sete anos”.
José María González Barcia manifestou que “as Delegacións de Medio Ambiente e Mar por un lado e Turismo por outro están a funcionar de forma máis que aceptable. O noso compromiso está aí e por dedicación non vai quedar. Agora empezaremos xa a traballar na renovación destes premios para o ano que ven”. E pediu colaboración “a todo o mundo porque as praias hai que telas limpas e eso é cousa de todos, o pobo hai que telo limpo e eso é cousa de todos, e hai cuestións que son cousa de todos. En Burela estamos acostumbrados a facer espíritu de sacrificio e a traballar en conxunto e neste caso eu apelo tamén a esa colaboración para continuar tendo a Burela como referente turístico e medioambiental”.
O alcalde agradece “a todos os traballadores, aos que estaban e aos que están na actualidade, a colaboración realizada para a consecución das bandeiras azuis”.
A concelleira de Turismo, Mónica Pedre, sinalou que “bandeira azul é unha promoción moito máis barata para o Concello de Burela que as ISO ou a Q de calidade e por eso apostamos por este recoñecemento. Pensamos que foi moi bó para a nosa vila que ao longo destes anos os nosos areais, o barco museo e a aula medioambiental contasen con este galardón”. Pedre anunciou que “os areais de Burela manterán os mesmo servizos que o ano pasado”.
Pola súa banda a responsable de Medio Ambiente e Mar, Patricia López, lembrou que “o traballo iniciado hai anos segue a dar os seus frutos. Burela foi referente medioambiental en Galicia e en España e neso se vai centrar o noso traballo ao longo dos vindeiros meses. Imos tentar revitalizar a Axenda 21, que puxo en marcha o anterior equipo de goberno do PP”. López Eijo subliñou que “Burela é un dos poucos concellos galegos que teñen aula medioambiental. Seguiremos a traballar, a pesares da escasez de recursos que estamos a sofrir nestes momentos”.









López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



