QUEREN ACABAR CON TODO
CC.OO e UGT CONVOCAN A UNHA MANIFESTACIÓN O DIA 20 DE XUÑO EN BURELA (NA PRAZA DA MARIÑA AS 20,00H)
Levan cinco meses e medio no Goberno e non paran de recortar dereitos. Guiado por Merkel e as institucións financieiras. O Goberno español puxo en marcha un descarnado programa de reformas coa única obsesión de conter o déficit e acabar con dereitos laborais, sociais e democráticos. Pero neste breve período o paro non deixou de medrar, a economía permanece estancada e non se albisca a saída da crise.
O pasado 10 de febreiro de 2012, o Goberno aprobou unha reforma laboral que é o maior golpe ao dereito do traballo da democracia; abarata e facilita o despedimento; reforza o poder dos empresarios; consolida a precariedade do mercado de traballo e afecta gravemente á negociación colectiva (a Comisión de Emprego do Congreso endureceu aínda máis este capítulo ao pór fin á ultraactividade dos convenios unha vez transcorrido un ano da súa vixencia inicial)
CC.OO e UGT instamos unha e outra vez ao Goberno a negociar un acordo pola reactivación económica, o emprego e a cohesión social. Un acordo que debería implicar as forzas políticas parlamentarias e as institucións do Estado. Ao noso xuízo, este sería o mellor camiño para restablecer a confianza e sentar as bases para unha saída máis xusta e equilibrada da crise. Pero o Exucutivo prefire entenderse con Merkel e a dereita europea para tentar satisfacer, sen o conseguir, aos mercados e institucións financieiras. Segue instalado no conflicto social, non ataque aos dereitos laborais e aos servizos públicos, na elimación de dereitos civís e democráticos e na “criminalización” da resposta social e sindical.
UGT E CCOO seguiremos mobilizándonos na rúa contra estas políticas antes e despois do verán; manteremos un diálogo constante e fluído coa sociedade civil e as forzas políticas para lles trasladar as nosas propostas; fortaleceremos as alianzas sociais en defensa dos servizos públicos e o Estado de benestar; e promoveremos os maiores niveis de protección das persoas en situación de desemprego. POR ISO, O 20 DE XUÑO CONVOCAMOS MANIFESTACIÓNS EN TODO O PAIS PARA DENUNCIARMOS OS RECORTES SOCIAIS DO GOBERNO, PARA REXEITARMOS DE NOVO A REFORMA LABORAL E PARA ENFRONTARMOS Á CRISE CON OUTRA POLÍTICA ECONÓMICA E SOCIAL.
NON CALES. DEFENDE OS TEUS DEREITOS






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



