A CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR INAUGURA ESTE VENRES EN BURELA UNHAS XORNADAS PARA PROFESIONAIS DO SISTEMA DE PROTECCIÓN Á INFANCIA
A Asociación Galega de Centros de Menores organiza o curso sobre “O traballo coa Familia nos centros de protección á infancia”, que se celebra na Casa de Cultura de Burela os días 8 e 9 de xuño.
A localidade de Burela acolle este venres 8 e sábado 9 de xuño o curso “O Traballo coa Familia nos Centros de Protección á Infancia”, que organiza AGACEME (Asociación Galega de Centros de Menores) en colaboración coa Universidade da Coruña e as Fillas do Divino Celo – Rogacionistas de Burela.
A Conselleira de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia, Beatriz Mato, inaugurará as xornadas o venres 8 de xuño ás 4 da tarde. Ao longo das dúas xornadas, o curso contará tamén coa participación de numerosos técnicos e profesionais de Galicia, Asturias, Castela e León, Cataluña e Portugal.
O curso presenta un completo programa de ponencias, mesas redondas e talleres prácticos, impartidos por profesionais do acollemento residencial, a protección á infancia, a intervención social, o labor psico-educativa e terapéutica ou as técnicas de comunicación aplicadas aos servizos sociais.
O venres 8 de xuño durante a cea oficial do curso celebrarase o acto de entrega da Certificación ISO 9001:2008 por parte da empresa Bureau Veritas a algúns dos principais centros de protección á infancia de Galicia, cuxos representantes tamén estarán presentes nestas xornadas. Asimesmo neste acto de entrega estarán presentes a Delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; as Secretarias Xerais de Política Social e de Igualdade da Xunta de Galicia, Coro Piñeiro Vázquez e Susana López Abella, respectivamente; e o Alcalde do Concello de Burela, José González Barcia.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



