Con motivo das obras de canalización que a empresa R realiza na rúa Rosalía de Castro, o Concello de Ribadeo informa que o vindeiro luns, 4 de xuño, levaránse a cabo cortes en ambos sentidos nesa vía, facéndose de xeito alternativo. A regulación do tráfico faráse mediante semáforos provisionais, polo que en algún momento poderán producirse retencións. Desde o Concello prégase a todos os usuarios que disculpen as molestias ocasionadas, “e rogámoslles a máxima colaboración”.
Cortes na rúa Rosalía de Castro en Ribadeo