Deputación, Concello e Asociación Cultural San Xoan Bautista impulsan a 3ª Festa da Exaltación da Sardiña de Covas
– Lara Méndez e Melchor Roel presentaron unha nova edición desta cita festiva que se celebrará na parroquia viveirense de Covas coincidindo coas celebracións do San Xoan
– Méndez destacou a importancia deste tipo de iniciativas, que atraen cada ano a máis visitantes e que contribúen á potenciar diferentes sectores da economía local
– Poranse á venda racións deste peixe, patacas e viño, ó prezo simbólico de 2 euros nuha festa que se completará con diversas actividades dirixidas a participantes de todas as idades
A Vicepresidenta segunda da Deputación, Lara Méndez, e o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, presentaron este xoves na viveirense Praza da Pascua unha nova edición da Festa da Exaltación da Sardiña, unha cita gastronómica que, durante esta fin de semana, encherá de veciños e foráneos a parroquia viveirense de Covas.
Durante o acto, que tamén contou coa presenza de Adrián Casas, presidente da Asociación San Xoan Bautista, impulsora do evento, Lara Méndez destacou que a Deputación colabora economicamente con este tipo de iniciativas porque “aínda que este tipo de colaboracións supoñen un esforzo inversor para a Deputación, apoiar o tecido asociativo da provincia é outra forma de reactivar a economía dos Concellos”. Méndez lembrou que esta é unha nova colaboración da institución provincial, a través do Plan de Subvencións do Inludes para 2012, con aqueles eventos de exaltación de produtos autóctonos e artesanais, que supoñen un impulso decisivo para a economía local xa que, coa afluencia de visitantes, vense beneficiados diferentes sectores económicos da zona, coma o hosteleiro, o comercio ou o gastronómico.
Esta celebración xurdiu de mans da Asociación Cultural San Xoan Bautista de Covas, nacida como tal no pasado ano, se ben hai xa tempo que os seus integrantes levan poñendo en marcha numerosas iniciativas para dinamizar a vida local. Son os artífices de iniciativas coma a Festa de Pascua, que este colectivo recuperou para o calendario festivo de Viveiro e durante a que se celebra un mercado de produtos autóctonos e artesanais; a festa do Mexillón ou o Mercado Pirata que se celebra a finais da época estival.
A Festa da exaltación da Sardiña celébrase coincidindo coas festas patronais do San Xoán, e que xa se está a converter nun dos festexos de referencia da Mariña durante esta época de adianto estival. Así, o día 25 a sardiñada popular porá punto e final a tantos días de celebracións nos que se espera repetir o éxito da sardiñada do ano pasado, durante a que se repartiron preto de 700 quilos de sardiñas en racións, acompañadas de patacas e viño. Todos os que o domingo se acheguen ata o Paseo Marítimo de Covas poderán degustar, se a captura deste peixe o permite, centos de racións a un prezo simbólico de 2 euros.As tres xornadas festivas complétanse con actuacións musicais e actividades para os máis novos.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



