O alcalde de Burela, José Mª González Barcia, asistiu este mediodía nas instalacións do Arsenal Militar de Ferrol ao acto de despedida do patrulleiro Chilreu. Trátase dunha embarcación emblemática para a flota boniteira, xa que levaba anos acompañando a estes barcos coma soporte asistencial e realizando labores de vixianza. González Barcia asistiu ao acto co obxectivo de amosar o agradecemento do Concello de Burela ao traballo desenvolvido ao longo deste tempo. A bandeira de combate do Chilreu fóille entregada hai anos polo Concello de Burela.
