O CONCELLO XA ABONOU O IMPORTE DAS FACTURAS DO PLAN DE PAGO ANTICIPADO A PROVEEDORES. PAGÁRONSE 778 FACTURAS POR IMPORTE DE MÁIS DUN MILLÓN DE EUROS. JOSÉ CASAS ASEGURA QUE ESTA MEDIDA SUPÓN UNHA INXECCIÓN ECONÓMICA IMPORTANTE PARA GARANTIR POSTOS DE TRABALLO.
Burela, 7 de xuño de 2012. O Concello de Burela xa abonou o importe das facturas contempladas na relación enviada ao Ministerio de Hacienda para levar a cabo o plan de pago anticipado a proveedores. Deste xeito, segundo o concelleiro de Economía burelés, José Casas, “o Concello abonou exactamente un total de 1.097.906’19 euros, un importe considerable, de facturas que na súa meirande parte correspóndense á etapa do bipartito”.
Casas indicou que o número total de facturas ascende a 778, distribuídas entre 95 proveedores, dos que 20 teñen domicilio fiscal en Burela, e outros 22 noutros concellos da comarca mariñana.
O edil burelés de Economía destacou dous aspectos importantes deste plan de pago ancitipado a proveedores, “por un lado, era a única forma de sacar á luz as facturas que estaban durmidas nun caixón, é dicir, saber exactamente o que debíamos os concellos, neste caso Burela, e tentar facer táboa rasa pagando o que se debía. Por outro, é innegable que esta medida supón unha inxección de cartos importante nos autónomos e pequenos empresarios, o que debería permitir garantir os postos de traballo”.
Finalmente, José Casas é consecuente, “se facemos isto para pagar débedas, é máis ca evidente que a partires de agora non se pode gastar máis do que se ingresa”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



