O Concello avanza nos trámites para mellorar a cobertura da Internet en Rúa e Trasbar
-O goberno local leva un ano mantendo contactos coa empresa que dotará de cobertura optimizada a estas dúas localidades para tentar acelerar a chegada do sinal
Cervo, 11 de xuño de 2012-O goberno de Cervo anunciou que a mellora do sinal da Internet en Rúa e Trasbar é inminente, xa que ambas localidades se atopan no Plan de Banda Larga da Xunta, no que se prevé a chegada da Internet para o ano que vén. Porén, o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, avanzou que o goberno municipal leva un ano mantendo contactos coa empresa concesionaria que se encargará de traer a banda larga a ambas áreas co obxectivo de axilizar a súa implantación e adiantar a data de entrada en servizo a este verán.
O rexedor achegou esta nova información á veciñanza de Rúa, que solicitara unha reunión con el para coñecer a situación e os avances dados para dotar a esta zona dun sinal de calidade que permita unha conexión fiable e continuada.
O mandatario cervense explicou que foron moitos os trámites e os contactos iniciados nun primeiro momento coas distintas operadoras que prestan servizo en Galicia, ofrecéndoselles facilidades dende o Concello como o achegamento da liña eléctrica. Aínda así, todas elas rexeitaron dotar a Rúa e Trasabar de cobertura de banda larga por motivos de rendibilidade económica.
Ao mesmo tempo, dende o executivo local séguense buscando alternativas para as zonas con dificultades de cobertura. Unha das posibilidades é a dotación de cobertura a través dunha empresa autónoma coa que o Concello tamén mantivo varios encontros e intercambiou información sobre a viabilidade do proxecto. “Con estes contactos o que pretendemos é dispoñer de todas as posibilidades sobre a mesa para poder valorar a máis vantaxosa para a veciñanza e tratar de conseguir canto antes a prestación do servizo” explica o alcalde cervense.
“Dende o goberno local somos sensibles á relevancia que ten na sociedade actual dispoñer da Internet como un servizo fundamental e prioritario, como ferramenta para o desenvolvemento e incluso para a mellora da calidade de vida xa que permite realizar numerosos trámites coa administración ou con outras entidades” explica Villares, “por iso estamos facendo todo o posible para que a banda larga chegue a todo o municipio sen excepción, coa máxima urxencia e con óptima cobertura”.




















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



