Concello de Foz, que dirixe o popular Javier Jorge Castiñeira ven de convocar cinco prazas para persoal laboral con categoría de peóns e unha duración de 3 meses. O custe deste persoal está financiado pola Consellería de Medio Rural e Mar dentro do convenio que o concello de Foz asinou con esta consellería para a defensa dos lumes.
Según nos informa Fernández Manín concelleiro de Medio Rural e pesca, estas contratacións son a tempo parcial de luns a venres, catro delas con un horario de 8 a 12 horas que desenrolarán o seu traballo rozando os camiños e pistas no medio rural, e outra praza será para condutor do tractor, igualmente a tempo parcial e horario de 15 a 21 horas, é dicir, de 3 da tarde a 9 do serán, desta forma o tractor do concello funcionará pola maña e pola tarde. Estas prazas como ben manifestaba o Sr Alcalde encádranse dentro do convenio que para a loita contra incendios asinase coa Consellería de Medio Rural e Pesca. Este convenio xa se facía en anos anteriores, si ben o seu importe se dedicaba a contratación de un tractor externo ao concello para facer estes traballos. O goberno local formado polo Partido Popular tendo en conta a situación de crise actual, optou por estas contratacións por considerar ser mais beneficiosas para a sociedade, e facer o mesmo traballo.
Fernández Manín continua dicindo que con esta actitude o Partido Popular acordase dos traballadores, e que se podían haber contratado dúas persoas mais si a Excma. Deputación Provincial de Lugo non suprimira o convenio que en anos anteriores mantiña co concello de Foz para a limpeza das vías da súa propiedade, e que supoñía unha subvención de 6.500,00 euros.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



