HORACIO CUPEIRO PÍDELLES AOS PROPIETARIOS DE FINCAS QUE AS LIMPEN PARA OFRECER A MELLOR IMAXE DE RIBADEO E POR RESPECTO AOS VECIÑOS QUE VIVEN NAS SÚAS INMEDIACIÓNS.
Ribadeo, 5 de xuño de 2012. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pídelles aos propietarios de fincas que as limpen para ofrecer a mellor imaxe de Ribadeo e por respecto aos veciños que viven nas súas inmediacións. Cupeiro hoxe unha serie de recomendación, coincidindo coa celebración do día internacional do medio ambiente.
O edil nacionalista dixo que “xa que hoxe se celebra o día internacional do medio ambiente quero aproveitar para pedirlles aos propietarios de fincas urbanas que estean con abundante vexetación, maleza ou residuos que procedan á súa limpeza en aras de ter e ofrecer a mellor imaxe de Ribadeo. Tamén a aqueles do medio rural con fincas preto das casas para que respecten que alí vive xente e que procedan á súa limpeza e adecentamento”.
Cupeiro tamén se referiu ás últimas treboadas caídas na zonao “que ocasionaron problemas no porto deportivo de Ribadeo porque cando chove moito os sumidoiros non son capaces de absorber toda a cantidade de auga que cae e levántanse as tapas das alcantarillas na parte baixa que vai ao porto. Nin siquera o emisario é capaz de recoller toda esa auga e o que nos estamos a atopar son restos de plásticos, produtos de hixiene femenina ou trapos, entre outros obxectos”. O responsable de Medio Ambiente aproveitou para pedirlles “a todos os nosos veciños e veciñas que se absteñan de botar polos retretes todos estes produtos, que despois aparecen a flote no porto deportivo porque reventan as tapas das alcantarillas e deixan todo feito un desastre. Isto pódese correxir fácilmente, tendo uns bós hábitos, é necesario que no wáter se deposite só o papel e non o resto das cousas que a diario se botan por aí”.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



