Jose Manuel Balseiro agradece o compromiso do Goberno galego con estes proxectos e sinala supoñen un investimento próximo aos 600 mil euros, en menos de 24 meses, destinados a facer realidade o que outros prometeron e non cumpriron
PORTOS DE GALICIA CONFIRMA A BALSEIRO QUE O DRAGADO INTEGRAL EN FOZ SE EXECUTARÁ A PARTIRES DO REMATE DO VERÁN
Antes, en plena época estival, coñeceranse os resultados do estudo de hidrodinámica que busca impedir que se produzan novos depósitos de sedimentos areosos así como do estudo técnico e de viabilidade económica previo á remodelación das instalacións portuarias de Foz
Santiago, 07 de maio de 2012.- O Presidente de Portos de Galicia, Jose Juan Durán, confirmou en resposta a unha pregunta parlamentaria do deputado Jose Manuel Balseiro que o dragado integral de Foz se executará a partires do remate do verán. Semanas antes, en plena época estival, o Ente autonómico portuario fará públicos tamén os resultados do estudo de hidrodinámica -que analiza como se produce a sedimentación das areas e propoñe medidas correctoras- e do estudo de viabilidade técnica e económica que a Xunta encargou con caracter previo antes de acometer á remodelación integral do borde portuario, e que veñen a dar resposta ás solicitudes efectuadas neste sentido tanto desde o Concello de Foz como polos propios usuarios do porto.
Jose Manuel Balseiro agradeceu as explicacións dadas por Jose Juan Durán quen indicou que todas estas actuacións xunto co dragado de emerxencia executado en marzo do ano 2011 supoñen un investimento próximo aos 600.000 euros. Unha elevada achega económica que se executará en Foz en menos de 24 meses e todo iso a pesar de atoparmos nun tempo dificultades financeiras e limitacións orzamentarias.
O Presidente de Portos de Galicia tamén explicou que, en cumprimento do acordo parlamentario que no seu dia impulsou o propio Jose Manuel Balserio, en nome do Grupo Popular, os orzamentos de Portos de Galicia para 2012, contemplaron o investimento preciso para aportar unha solución estable, a longo prazo, ao problema da falta de calado no acceso á dársena focense.
DRAGAXE INTEGRAL E ESTUDO DE DINÁMICA
En canto ao estado actual deste proxecto explicouse que os técnicos do ente público consensuaron coa comunidade portuaria e o Concello de Foz o punto de vertido axeitado para o material que da dragaxe, que quedou definido en Fondás. Unha vez establecido con precisión o punto de vertido, Portos de Galicia iniciou a tramitación ambiental co Ministerio de Medio Ambiente para que autorice dito vertido da area extraida de cara a iniciar en tempo e forma os traballos previstos.
Por outra banda, a dragaxe non é a única actuación prevista en Foz, xa que Portos de Galicia está a realizar o estudio de dinámica litoral, que definirá as condicións de abrigo e calado da zona de cara a unha posible ampliación das instalacións.
CONTACTO DIRECTO CO SECTOR
Tanto Balseiro como Jose Juan Durán sostiveron que a adminitración autonómica mantén contacto directo cos axentes portuarios de Foz, tanto o colectivo de profesionais como os usuarios das instalacións náutico recreativas, así como co Goberno local, dos que recibe cumprida información sobre o estado de operatividade da canle de acceso ao porto. Lembran que, a diferenza do acontecido no pasado, no momento en que se teñen producido problemas neste sentido, como o risco de inoperatividade da dársena por varada da frota no acceso a ela, Portos de Galicia deu a máis rápida resposta posible. Non en van, no mes de marzo do pasado 2011, a Xunta de Galicia investiu 245.000 euros na dragaxe de emerxencia da entrada e saída ao porto, ante o risco constatable para a flota.
Balserio concluíu sinlando que as devanditas actuacións e os investimentos correspondentes veñen a ratificar o compromiso do Goberno Galego e en concreto da Consellería do Medio Rural e do Mar a través de Portos de Galicia, co desenvolvemento marítimo de Foz e, en conxunto, do global da Mariña lucense. “Creo que neste sentido temos demostrado a nosa implicación e o valor dos nosos compromisos, fronte as promesas incumpridas do pasado”-concluíu.


















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



