Candia acusa a Orlando González de ocultar información e de faltar á verdade aos veciños en relación ao aparcamento na zona da Fonte Vella e Praza do Seminario
? O PSOE e BNG de Mondoñedo establecen a prohibición absoluta de estacionamento na rúa Pascual Veiga, no espazo comprendido entre a intersección rúa Regueira e rúa da Fonte ata Praza do Seminario e en toda a Praza de Seminario –agás un reducido número de prazas en batería ao pazo episcopal-. Este feito confirma a sospeita do PP dende que se veu por primeira vez o proxecto das obras na Fonte Vella e Praza do Seminario
? Esta actitude do bipartito demostra a falta de importancia que supoñen para o goberno municipal as peticións, non só do PP, senón dos veciños que recolleron sinaturas e dos negocios que lles fixeron chegar o seu malestar pola política sancionadora e restritiva en materia de tráfico, que está a afectar moi negativamente na economía local
Mondoñedo, 9 de xuño de 2012- Na próxima sesión plenaria que terá lugar o día 14 de xuño, ás 20:00 horas, no punto nove da orde do día, recóllese a proposta de aprobación da modificación da ordenanza número 34, reguladora do tráfico e da circulación. Esta modificación, entre outras medidas, engade novos espazos onde se prohibe de xeito absoluto o estacionamento de vehículos, sen ofrecer alternativas ao respecto.
O PSOE e BNG de Mondoñedo establecen a prohibición absoluta de estacionamento na rúa Pascual Veiga e no espazo comprendido entre a intersección rúa Regueira e rúa da Fonte Vella ata Praza do Seminario e en toda esta praza –agás un reducido número de prazas en bateria ao pazo episcopal- confirma a sospeita do PP dende que se veu o proxecto por primeira vez das obras na Fonte Vella e Praza do Seminario.
Ante esta situación, o PP manifesta a súa repulsa en coherencia co que levaba facendo dende que se proxectou a citada obra, criticada dende un principio polo grupo municipal do PP ao provocar incomodidade para a vida diaria na localidade. O resultado final dos acometidos levados a cabo no entorno da Fonte Vella e da Praza do Seminario, tras levantar beirarrúas recén arranxadas, conlevou finalmente a opter un espazo cheo de obstáculos (badéns, buracos, grandes bloques de pedra…) que limitan a circulación e que ademais xeran perigo e inseguridade. Estes elementos xunto a eliminación de beirarrúas fan que nese entorno sexa difícil a convivencia entre peóns e circulación.
O PP critica que unha vez máis, o bipartito ignore e minta a un colectivo de veciños que de xeito claro se opuxo a esta medida propoñendo incluso alternativas ao respecto como foron a posibilidade de habilitar para o estacionamento un dos lados da rúa ou incluso a aceptación do estacionamento por período delimitado.
O PP municipal recorda que o seu grupo ten rexistrada para o mesmo pleno unha moción, recollida no punto 12, co obxecto de debatir o tema do estacionamento e pedir a creación dunha comisión. A portavoz popular local, Elena Candia, recorda que “o tráfico foi xa empregado con anterioridade para demostrar unha falta de criterio e pouca palabra”. Así, a popular recorda a retirada dos bolardos habilitados nas rúas da localidade para facilitar a circulación nos cascos históricos, cuxas colocacións foron consensuadas en comisión coa participación do BNG e do PSOE e que logo decidiron retirar trala súa entrada en goberno. Candia asegura que o rexedor local negou a evidencia desta situación dende un principio, cando se lles preguntaba polo estacionamento nesta zona, xa que negaron a realidade ata o mesmo día que estaban colocadas as sinais.
O Partido Popular defende a posta en valor do casco histórico, un recurso a protexer, e incluso mostra a súa disposición a participar en decisións que conlevasen limitacións para o estacionamento, sempre e cando se habilitasen previamente alternativas que facilitasen o aparcamento noutro espazo. Os populares recordan que non podemos obviar a tipoloxía da nosa poboación (xente maior, con dificultade para desprazarse), polo que dende o grupo municipal critican con rotundidade o deseño deste tipo de obras que, segundo os populares, o único que fixeron foi ser un exemplo de despilfarro, desfacer o recén feito (as beirarrúas pegadas ao palacio episcopal) e de encher un espazo cómodo nun entorno cheo de obstáculos, perigos e limitacións para circular. Estas obras inutilizan a praza do seminario para actividades que necesitan espazo (por exemplo un concerto).
Polo tanto, O Partido Popular amosa a súa molestia pola falta de verdade profesada polo bipartito e de ocultar información aos veciños. Esta situación levará a cabo un voto negativo por parte do Grupo Popular, durante a celebración dun pleno marcado novamente pola subida das taxas.