O presidente da Xunta destaca o cumprimento da axenda social malia crise, con máis de 5.500 prazas de residencias, centros de día e garderías públicas no que vai de lexislatura
FEIJÓO ANUNCIA UNHA NOVA ESCOLA INFANTIL EN BURELA E DESTACA O AUMENTO DE PRAZAS DE SERVIZOS PÚBLICOS NA MARIÑA NUN 69%, COMO EXEMPLO DE QUE GALICIA SIGUE LOGRANDO UN ESTADO DE BENESTAR MÁIS COMPLETO QUE EN TEMPOS DE BONANZA
? Afirma que a Xunta seguirá destinando recursos para a protección de menores como o nova Casa de Familia en Burela e lembra que, no que vai de lexislatura, puxéronse en marcha 9 centros de menores e 83 prazas públicas en toda Galicia, que xa conta con máis de 1.200 prazas públicas
? Dentro da protección da infancia destaca a posta en marcha doutras iniciativas como o Programa de integración familiar; un novo programa de atención terapéutica a menores con trastornos de condutas ou o impulso ao acollemento familiar
? Resalta o impulso que a Xunta está dando á rede de escolas infantís públicas para nenos de 0 a 3 anos: “Un 44% máis de prazas das que había ao inicio da lexislatura, de xeito que 2.400 familias máis teñen acceso a unha praza pública de gardería”
? Reitera o compromiso do Goberno galego pola eficiencia e o rigor, “xa que é esa política de aposta pola eficiencia e pola busca da solvencia a que nos permite manter e mellorar os servizos públicos”
Burela, 08 de xuño de 2012.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou, esta tarde, unha nova escola infantil en Burela e destacou o aumento de prazas de servizos públicos na Mariña nun 69%, como exemplo de que Galicia sigue logrando un estado de benestar máis completo que en tempos de bonanza.
Durante unha visita ás instalacións da nova Casa de Familia San Aníbal, en Burela, Feijóo afirmou que nun tempo no que hai comunidades cunhas contas ao límite, que se ven obrigadas a tomar decisións excepcionais como baixar salarios aos empregados públicos ou facer enormes esforzos para non pechar hospitais ou preservar o seu nivel de prestacións públicas; “en Galicia non tivemos que tocar o salario dos funcionarios e estamos logrando que, en plena crise económica, -incidiu- o noso Estado de Benestar sexa máis completo que en tempos de bonanza”.
Deste xeito, o responsable autonómico referiuse ás máis de 5.500 novas prazas públicas de garderías, residencias e centros de día, creadas no que vai de lexislatura en toda Galicia, en xeral –“máis que en toda a lexislatura anterior”-; e ás case 400 novas prazas públicas de servizos sociais na Mariña, en particular.
O titular da Xunta destacou que o feito de seguir destinando recursos para a protección de menores como este novo centro en Burela, nun momento de crise económica, non é un esforzo illado, e lembrou que, no que vai de lexislatura, puxéronse en marcha 9 centros de menores e 83 prazas públicas en toda Galicia, que xa conta con máis de 1.200 prazas públicas. Só na provincia de Lugo puxéronse en marcha 3 centros de menores, cun total de 24 prazas públicas.
Feijóo explicou que esta non é a única medida que a Xunta está a impulsar para a protección da infancia, e referiuse a outros programas que están en marcha como o Programa de integración familiar, “380.000 euros para favorecer a reunificación e a preservación familiar”; a un novo programa de atención terapéutica a menores con trastornos de condutas (120.000 euros); ou o impulso ao acollemento familiar, dotado con 300.000 euros.
Así mesmo, resaltou o impulso que o Executivo autonómico está dando á rede de escolas infantís públicas para nenos de 0 a 3 anos: “Un 44% máis de prazas das que había ao inicio da lexislatura, de xeito que 2.400 familias máis teñen acceso a unha praza pública de gardería”.
No tocante á Mariña lucense, precisou que, despois de que se puxese en marcha a nova escola pública infantil en Foz, da ampliación da escola pública infantil no Valadouro e a construción, na actualidade, da nova escola pública infantil en Alfoz, a nova escola infantil de Burela, con 41 prazas públicas, fará que o Concello conte con case un 35% máis de prazas públicas de garderías. Neste senso, tamén renovou o compromiso da Xunta coa mellora do Hospital da Costa, a través dun plan director que avalíe tanto as necesidades máis inmediatas como as melloras a medio prazo.
“Desde o inicio da lexislatura tivemos claro que as dificultades do momento presente non podían ir en detrimento da necesidade de garantir e mellorar a prestacións duns servizos públicos esenciais no ámbito da sanidade, da educación e do resto de políticas vinculadas ao benestar, por iso é polo que 3 de cada 4 euros do orzamento da Xunta se dedican a estes fins”, aseverou.
Feijóo concluíu a súa intervención, reiterando o compromiso do Goberno galego pola eficiencia e o rigor, “xa que é esa política de aposta pola eficiencia e pola busca da solvencia a que nos permite manter e mellorar os servizos públicos; a que nos permite anunciar unha nova escola infantil pública e presentar un novo centro de menores”.












Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



