PRESENTOUSE EN VIVEIRO A I COPA DEPUTACIÓN DE FÚTBOL BASE
Esta segunda competición do torneo, que se disputa entre equipos de categoría infantil, celébrase os días 9 e 10 de xuño no campo do Cambedo en Viveiro
Antonio Veiga explicou que “desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que é tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”
Viveiro, 6 de xuño de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, presentou a I Copa Deputación de Lugo de Fútbol Base esta tarde no campo de fútbol do Cambedo, en Viveiro, onde se disputarán os partidos da segunda competición deste torneo, neste caso entre equipos da categoría infantil, “cunha presenza estimada de 750-1000 futbolistas, o que supón un factor moi importante non só a nivel deportivo senón tamén como elemento dinamizador turístico para a cidade de Viveiro”, puntualizou Antonio Veiga. No acto de presentación tamén estiveron o concelleiro de deportes, Manuel Galdo, e representantes dos equipos Praia de Covas e Viveiro.
Nesta segunda competición, que se celebra os días 9 e 10 de xuño, participan un total de 21 equipos, divididos en seis grupos: tres con catro equipos cada un, e tres con tres equipos cada un. Os partidos só terán unha parte de 30 minutos, menos na final que terán dúas partes, de 40 minutos cada unha. Haberá trofeos para os catro primeiros, e un vale de material para o campión, que se entregarán o domingo día 10, ás 21:30 horas.
Veiga afirmou que “como vén sendo a nosa liña de traballo desde a Área de Deportes da Deputación, queremos facer fincapé no apoio ao deporte de base, propoñendo esta competición futbolística que será tamén un gran evento socializador e de convivencia para todas e todos os nenos e as súas familias”.
Hai que salientar que os custes de desprazamento, manutención e aloxamento para aqueles equipos que se teñan que desprazar moitos quilómetros estarán sufragados pola Deputación de Lugo, ademais de todos os gastos propios da competición como arbitraxes, materiais, etc. Nesta liña, Antonio Veiga puntualizou que “é un aliciente para os equipos saber que teñen todos os gastos cubertos, xa que os equipos que se teñan que desprazar máis de 15 quilómetros desde a súa orixe ao punto onde se disputa o torneo terán sufragados os gastos de desprazamento, así como o aloxamento e a manutención para os equipos que se teñan que desprazar máis de 70 quilómetros. Tamén cada xogador levará un agasallo pola súa participación, ademais dos correspondentes trofeos aos 4 equipos finalistas de cada categoría. Polo tanto, estamos poñendo todas as facilidades para que participen o maior número de futbolistas e de clubs”.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
