Asistentes ao xantar relatan que no mediodía do venres día 8 de xuño, celebramos no restaurante A Lonxa en Burela, a xubilación da nosa compañeira do Hospital da Costa, do servizo de contabilidade, Adelina Fernández García. Foi un xantar moi agradable e con moi boa compañía, na foto algunhas das persoas que fomos ó evento, outras xa non estaban nese momento, moita sorte Adelina e desfruta desta nova etapa da vida, un bico de todos os que te queremos e compartimos contigo moitos momentos.
