MARIA TERESA LOPEZ REGO como responsable da Concellería de Medio Ambiante do Concello de Foz quere agradecer ó pobo de Foz a súa colaboración na recollida de basura e sobre todo na separación de envases lixeiros. Dende setembro do ano pasado estanse levando a cabo unha serie de iniciativas para mellorar a xestión dos nosos residuos reducindo os seus custos, e en concreto para tratar de mellorar a calidade da separación dos envases lixeiros que se depositan no contedor amarelo. Para lograr isto, como ben entenderedes, é preciso que todos e cada un de nos, nos vaimos concienciando e fagamos unha boa separación nas nosas casas. Mediante este comunicado, QUEREMOS DARVOS AS GRACIAS, E PEDIRVOS QUE SIGADES COLABORANDO NA SEPARACIÓN PORQUE ESTAMOS NO BO CAMIÑO.
Dende o equipo de goberno decideuse cambiar o sistema de recollida de lixo, feito bastante criticado polo oposición, pero pensamos que o sistema de “cubileo” ademáis de ser perigoso parecíanos pouco adecuado para o noso pobo. Ó non estar os contenedores na rúa o único que se conseguía é que se acumularon bolsas nos contenedores de reciclaxe, ¿qué supoñía para o Concello?, un gasto; Se a cantidade de residuos depositados no contedor amarelo que non deben depositarse nel, supera o 30%, existe unha penalización. Foz é un Concello no que o normal é que se supere esta porcentaxe, razón pola que sempre tivo penalización. Reducir este custo é, xunto coa iniciativa ambiental, a razón que empuxa o Concello a levar a cabo esta iniciativa para mellorar a calidade.
Podemos dicir que a porcentaxe de residuos que non poden estar no contedor amarelo baixou dun 37,07% no mes de setembro do ano pasado a un 29,98% en maio do 2012 o que pódese considerar un bo avance. Dende hai moitos anos a cantidade de residuos erróneos nos contedores amarelos é moi elevada. É a primeira vez que se consegue reducir os impropios ata as cantidades actuais.
Entre as medidas que se puxeron en marcha, fíxose un estudio previo da situación actual dos contedores amarelos e do seu contido, para poder despois facer un seguimento dos que funcionan peor, tratando de identificar as súas causas, e de darlle solución as mesmas. Para facer isto, a Concellería de Medio Ambiente, apoiase no bo facer da técnica de medio ambiente do Concello Vanesa Iglesias, á cal se pode atopar no número de teléfono: 982133159 sempre que se queira facer unha consulta sobre residuos.
A pesar dos progresos, sigue habendo algúns contedores amarelos do Concello nos que se están depositando residuos de xeito incorrecto. Esta é a segunda das razóns pola que vos envío este comunicado no que se resaltan os residuos que poden ser depositados no contedor amarelo, e a forma en que deben depositarse.
¿Qué se pode depositar no contedor amarelo?
En xeral, aqueles envases identificados co punto verde que non sexan nin de papel nin de vidro
Estes envases clasifícanse en 3 grandes grupos:
Latas (que normalmente conteñen produtos alimentarios (latas de conservas, etc)) e tapóns metálicos
Bricks para bebidas (Zumes, leite, etc).
Plásticos: NON TODOS OS PLÁSTICOS PODEN DEPOSITARSE NO CONTEDOR AMARELO. Indícanse a continuación os plásticos que si se poden depositar no contedor amarelo clasificados polo material que os forma:
| Plásticos que se deben depositar no contedor amarelo |
| Botellas de refrescos carbonatados (Coca cola, kas, fanta, etc); botellas de auga; envases para alimentos |
| Botellas de leite, produtos de limpeza, botellas de auga de 5 l y de 8 l |
| Recipientes domésticos e para alimentos |
| Bolsas e plásticos en forma de film |
| Tapóns de plástico das botellas de auga, refrescos, etc. |
| Vasos e pratos de plástico, bandexas para alimentos de porexpán |
¿Cómo se deben depositar os envases no contedor amarelo?
Os envases lixeiros deben depositarse baleiros (sen nada dentro), e deben estar aplastados para facilitar unha posterior selección dos envases, que a súa vez, incremente a cantidade destes que serán reciclados ou recuperados.
¿Plásticos que NON se poden depositar no contedor amarelo?
Xoguetes (aínda que sexan de plástico non poden ir ó contedor amarelo)
Plástico de embalaxe e film industrial: Esta material procedente das empresas non pode depositarse no contedor amarelo. A súa xestión debe ser realizada polas propias empresas que xeran dito plástico. En ningún caso deben ir estes residuos o contedor amarelo de envases lixeiros, xa que este está deseñado unicamente para os envases de tipo doméstico
é preciso que todas e todos nos concienciemos da importancia que ten dita xestión, e participemos nunha boa separación dos residuos nos respectivos contedores para conseguir reciclar o máximo posible, e dese xeito lograr entre todos un Concello máis limpo e xusto co medio ambiente.
Recordarvos que o vidro, o cartón e o lixo orgánico NON SE PODEN DEPOSITAR NO CONTEDOR AMARELO.
Dende o Concello vos trasladamos a importancia que ten que cada residuo vaia ó seu contedor específico. Facendo este esforzo, conseguimos un mundo máis sostible para os nosos fillos.
QUERO FOZ, COIDO FOZ.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



