A SUBVENCIÓN DE MÁIS DE 44.000 EUROS QUE RECIBIU O CIM SUPORÁ GARANTIR A CONTINUIDADE DO SERVIZO, SEGUNDO DIANA DURÁN. A CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS AMÓSASE MOI SATISFEITA DO TRABALLO DESENVOLVIDO POR ESTE CENTRO.
Burela, 23 de xullo de 2012. Satisfacción da concelleira de Servizos Sociais de Burela, Diana Durán, tras a subvención de máis de 44.000 euros que percibe o CIM, “o que suporá garantir a continuidade do servizo”.
Durán sinala que “o CIM de Burela é o mais destacado da provincia de Lugo, tanto polas prestacións que ofrece, como pola cantidade de demandas atendidas e a calidade na atención das profesionais que o conforman. Así o demostrou a totalidade de puntos obtidos para optar á subvención do Programa de Apoio aos Centros de Información ás Mulleres que a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia convocou para este ano 2012”. Concretamente, o CIM de Burela obtivo un total de 67 puntos no proxecto presentado, onde se especifican, entre outros, as áreas nas que se traballa, o número e tipo de consultas que se atenderon e as profesionais adscritas ao servizo. A puntuación obtida deu lugar a que o CIM de Burela perciba o 98% do total a solicitar, concretamente 44.100 euros, “o que supón garantir a continuidade da prestación do servizo”.
A responsable dos Servizos Sociais no Concello de Burela,Diana Durán, resalta “o bo funcionamento do CIM e a cantidade das mulleres atendidas no mesmo, non só de Burela, senón tamén doutros concellos veciños que non dispoñen deste servizo”. A edil recorda que “se atenden áreas como a xurídica, orientación profesional, emprego, recursos, información sobre axudas que ofrece a Secretaría Xeral de Igualdade, atención psicolóxica e outras”. Así mesmo, a edil popular eloxia o traballo das profesionais do CIM de Burela “que fai que sexa o cabeceira de provincia. Esta subvención recibida garante a continuidade das tres profesionais que conforman o centro: asesora xurídica, psicóloga e administrativa”. Tamén indicou que a subvención do 2012 veuse incrementada respecto ao 2011.
Nesta liña, Durán lembra que “hoxe en día cada vez máis se está a destapar a problemática de discriminación e violencia de xénero que as mulleres veñen sufrindo ao longo da historia da humanidade, e querémoslle recordar a todas as mulleres mariñanas que teñen á súa disposición no Concello de Burela un Centro de Información á Muller, que é un servizo pensado para apoiar á muller, proporcionándolle toda a información necesaria para solucionar o problema ou problemas que estea a padecer”.
Desde a Concellería de Servizos Sociais indican que as funcións do CIM pasan por: concienciar á poboación en xeral da problemática específica que afecta ao colectivo feminino; dinamizar a presenza das mulleres na actividade social, cultural e económica da zona; darlles a coñecer ás usuarias os seus dereitos, así como os servizos e recursos existentes na comunidade autónoma a favor das mulleres (recursos de carácter social, cursos de formación, programas da Secretaría Xeral de Igualdade, subvencións das distintas consellerías, doutros organismos, etc…); impulsar a formación e inserción laboral das mulleres; denunciar calquera tipo de discriminación, sexa directa ou indirecta, e de situación que supoñen un atentado á dignidade da muller; proporcionar un asesoramento personalizado para a realización de xestións administrativas (cubrir impresos, realizar un currículo, inscribirse nun curso…); e recompilar datos sobre a situación das mulleres, as súas inquedanzas e demandas para poder propoñe-las medidas necesarias para solucionalas.
As principais accións realizadas polo Centro de Información á Muller de Burela foron: prestación de atención asistencial baseada nunha estreita colaboración coas casas de acollida, xulgados, entidades prestadoras de servizos sociais e outros centros da rede informativa da Secretaría Xeral de Igualdade; organización de charlas e conferencias sobre temas de especial interese para a muller, de tipo formativo e informativo: malos tratos, separacións matrimoniais e divorcios, planificación familiar, saúde e medio ambiente, educación dos fillos e fillas, asociacionismo, técnicas de busca de emprego, autoestima, autodefensa, etc; actividades que lles permitan ás mulleres unha mellor participación sociocultural e unha promoción persoal, adquirindo novos coñecementos ou desenvolvendo habilidades. Tiveron carácter moi diverso: nutrición, informática, manualidades, patronaxe e confección, restauración de mobles, primeiros auxilios… e o CIM de Burela conta cun servizo de teletradución, que comezou a funcionar hai uns meses.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



