A FAPACEL coñeceu as novas intrusccións relativas as xestións de comedores, en concreto, á instrucción 1/2012 e 2/2012 da Secretaria Xeral Técnica, de 22 de xuño, sobre funcionamento de comedores escolares de xestión directa e comedores escolares de xestión indirecta, respectivamente.
A FAPACEL non entende como comedores escolares con capacidade suficiente para admitir comensales, non poden facelo porque a Xunta lles pon limite, ainda que os pais/nais estean dispostos a pagar este servizo na sua totalidade. O servizo de comedor forma parte da educación e non imos permitir que nos quiten outro servizo mais, como tamen temos moi claro que é un servizo que ten que prestar a Xunta e non deixalo en mans das ANPAS, as que por certo cada vez lles paga mais tarde e menos cantidade.
Como pais/nais estamos fartos de que se nos diga por parte da Xunta que facilita a conciliación familiar, pois que nos digan como porque con instruccións deste tipo dende logo que non.