ACADEMIA A MARIÑA ORGANIZA O PRIMEIRO CURSO PARA RECUPERAR A ACREDITACIÓN DOS VIXIANTES E As súas ESPECIALIDADES. SERÁ A Distancia E HABERÁ EXAME FINAL PRESENCIAL.
Burela, 4 de xullo de 2012. Academia A Mariña organiza o primeiro curso para recuperar a acreditación dos vixiantes de seguridade e as súas especialidades.
Trátase dun curso de renovación TIP, que terá unha duración de 40 horas lectivas. Os interesados poden obter máis información chamando ao seguinte número de teléfono: 982 58 50 98. A modalidade é a distancia e farase un exame final presencial aos participantes. O custo do curso é de 150 euros.
O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, sinala que ?un dos grandes escollos cos que se atopaban os vixiantes de seguridade, unha vez obtida a titulación, era a caducidade da mesma. Se no período de dous anos non fosen contratados por unha empresa de seguridade, a partir desa data, perdían a súa habilitación para poder traballar nesta ocupación e aquí incluíase a todo o persoal de seguridade privada, vixiantes de seguridade e as súas especialidades e aos xefes de seguridade. O motivo desta perda de acreditación fundamentábase no feito de que unha formación que non fose levada á práctica nun período de dous anos non ofrecía garantía de que se mantivesen as esixencias médicas, psicotécnicas e de preparación física e teórica?. E engade que ?os afectados tiñan que volver examinarse coma se presentásense por primeira vez ou ben negociar cunha empresa de seguridade para que o contratase aínda que só fose por un día?.
Hermida explica que ?na nova Lei de Seguridade Privada, mantense a mesma porta de acceso á recuperación da acreditación, isto é, presentarse ás probas convocadas polo Ministerio do Interior ou, simplemente, acreditar realizar un curso de actualización en materia normativa de seguridade privada, cunha duración mínima de 40 horas lectivas, nun centro de formación dependente do Ministerio de Interior, na modalidade presencial ou a distancia?.
O obxectivo de Academia A Mariña é iniciar este curso para recuperar a acreditación dos vixiantes de seguridade neste mes de xullo.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



