Os próximos xoves e venres, 26 e 27 do presente mes, van ter lugar as X Xornadas de Historia Local, que todos os anos vén organizando a Agrupación Cultural Francisco Lanza coa colaboración do Concello de Ribadeo.
Este ano están adicadas á actividade artística en Ribadeo, concretamenta ás facetas da pintura e da música. Celia Castro falaranos o día 26 de “Ribadeo a través dos seus pintores” e o día 27 Mª Carme Rodríguez Cancelo sobre a súa experiencia musical na Coral Polifónica.
Serán ás 20:30 horas no Salón de Actos da Casa Sindical.