Hoxe luns, día 16 de xullo, deu comezo o V Seminario de Jazz e Música Moderna de Burela, organizado pola Asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ). Nesta quinta edición a plantilla do profesorado viuse ampliada coa incorporación de dous novos profesores: Rubén Salvador (Trompeta) e Harry C (violín), que se suman ao profesorado que ven participando de forma habitual en anteriores seminarios: Leo Giannetto (voz e guitarra), José Nine (saxofón e frauta), Roberto Pacheco (trombón), Javier Constenla (piano), Quique Alvarado (baixo eléctrico) e Miguel Cabana (batería e percusión). No que ao alumnado se refire tamén houbo un incremento importante con respecto á edición anterior, pois este ano sobrepasáronse as 60 matrículas.
Ademais das clases que se imparten durante a mañá e a tarde, o Seminario conta con concertos e jam sessions que se realizan todas as noites en distintos locais de Burela:
Concertos do V Seminario de Jazz e Música Modernda
Luns 16. Concerto de profesores. 22:00 horas. Café Atrezzo
Martes 17. Marosa Jazz Project. 22:00 horas. Hotel Nordés
Mércores 18. Concerto de alumnos. 22:00 horas. Café Atrezzo
Xoves 19. Latin-jam a cargo de A.C. Cumbe. 22:00 horas. Café Atrezzo
Venres 20. Concerto Clausura. 20:00 horas. Auditorio Casa da Cultura
No concerto de profesores, que terá lugar este luns, participarán todos os profesores do Seminario, ademais de Roberto Bouça (saxo alto) e Israel Arranz (vibráfono), coordinadores e profesores de apoio neste V Seminario.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



