Hoxe festividade da Virxe do Carme o alcalde de Burela, Jose María González Barcia, e outros membros do equipo de goberno estiveron no local dos xubilados do mar (na Moncloa), compartindo con eles un aperitivo e pola tarde asistiron a unha misa en homenaxe a toda a xente mariñeira. Ainda que Burela celebra as súas festas patronais na honra da Virxe do Carme en xuño, neste 16 de xullo o rexedor quixo achegarse á Moncloa para conmemorar con eles esta data. Tamén estivo alí o presidente da confraría de pescadores de Burela, Basilio Otero.
