O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Concellos da Mariña quere favorecer que as persoas interesadas en ter os distintos niveis dos CELGA non teñan que agardar á convocatoria que desde a Xunta se fai en marzo. O prazo de inscrición remata mañá mércores ás 14.00 h. As persoas interesadas poden apuntarse no enderezo snlmarinhalucense@hotmail.com ou chamando ao teléfono 982 140 675.
Cursos para obter os distintos niveis CELGA