O PSdeG-PSOE esíxelle á Xunta que faga pública a proposta dos centros educativos que suprimirá na provincia o vindeiro curso
– Carlos Ferreirro anuncia que este foi o 1º acordo da Sectorial Provincial de Educación constituída hoxe e creada para dar resposta ás necesidades que ten Lugo en materia educativa, e que se ven agravadas pola xestión autonómica
– Os socialistas lucenses denuncian o “escurantismo” co que a Xunta de Galicia está a actuar en relación ó futuro dos mestres de Secundaria, pois a estes profesionais aínda no se lles comunicou nin cantos nin cales se van ver afectados polos recortes o vindeiro curso
– O Secretario de Educación critica que no próximo ano académico ningunha familia lucense terá acceso ó préstamo gratuíto dos libros de texto, demostrándose así que “con Feijóo estudar é moito máis caro, e que cada vez os pais pagan máis e a Xunta menos”
LUGO, 3 DE XULLO.- A Executiva Provincial do PSOE de Lugo insta á Xunta de Galicia a que presente unha proposta clara sobre a rede de centros da provincia de Lugo, xa que unha vez concluído o curso escolar as familias aínda non coñecen a previsión da administración autonómica sobre o mantemento e supresión dos colexios na provincia para o vindeiro curso académico 2012-2013. Tal e como subliñou o Secretario de Educación e Lingua, Carlos Fereiro, este foi o primeiro acordo que adoptou a Sectorial Provincial de Educación que o Partido Socialista constituíu no día de hoxe, e que está integrada por máis de 50 persoas, entre elas diversos profesionais vinculados coa ensinanza. Deste xeito, coa formación deste grupo de traballo darase resposta ás necesidades que ten esta provincia en materia educativa, e que se ven enormemente agravadas cos recortes aplicados pola administración autonómica.
Ó remate da xuntanza, Carlos Ferreiro, destacou que “dende o PSOE damos hoxe un paso adiante en prol da ensinanza pública para todos e de calidade. Non só creamos a Sectorial, dende a que analizaremos e estudaremos a situación da educación en Lugo, elaborando propostas que beneficien a este sector, senón que acordamos esixir á Xunta que diga dunha vez por todas cales son os centros que pretende pechar o próximo curso”. Para o Secretario de Educación, quen subliñou que “levamos tres anos de continua hemorraxia dos recursos públicos na provincia de Lugo”, este “oscurantismo” da Xunta de Galicia enmárcase dentro “dos recortes anárquicos do PP que, ademais, son dictados sen contar coa comunidade educativa, é dicir, as familias e os mestres. Coa Xunta de Feijóo agrávase notablemente a desigualdade social e territorial na provincia”.
“Dos mestres de Secundaria nin se sabe”
Na sesión de hoxe, os socialistas de Lugo denunciaron tamén “o escurantismo” co que a Xunta de Galicia está a actuar en relación ó futuro profesional dos mestres de Secundaria, pois a estes profesionais aínda no se lles comunicou nin cantos nin cales se van ver afectados polos recortes o vindeiro curso. Carlos Ferreiro lamentou así que “a Xunta segue golpeando á Educación. Do que vai pasar cos mestres de Secundaria nin sabe. Non é de recibo que a día de hoxe estes aínda non coñezan se se van ver perxudicados polos recortes ou non”. Neste senso e tendo en conta o anuncio da Consellería de Educación de que o vindeiro curso suprimirá 40 unidades e 54 postos de traballo nunha trintena de colexios públicos da provincia, Ferreiro puntualizou que “o que temos claro é que a moitos deles pasaralles o mesmo que ós de Primaria, o mesmo que lle pasou a Prescolar na Casa, o mesmo que ós universitarios que agora terán que pagar máis de matrícula…. A Xunta segue calada porque non lle interesa. Saberémolo cando comece o curso e non haxa volta atrás”.
Ningunha familia recibirá préstamos para os libros
O Secretario de Educación denunciou, ademais, que o vindeiro ano ningunha familia terá acceso ó préstamo gratuíto de libros de texto, tal e como aparece reflictido no informe publicado por UNICEF sobre a incidencia dos drásticos recortes da Xunta nos máis pequenos. “Estes recortes tan só agravan a pobreza intelectual. Con Feijóo estudar é moito máis caro, cada vez as familias pagan máis e a Xunta menos”. E é que Galicia é a Comunidade Autónoma co baremo máis baixo de toda España na concesión de ditas axudas.
Formada por profesionais altamente cualificados
Co obxectivo de conseguir a máxima eficacia, a Sectorial Provincial de Educación, constituída este martes, está formada por profesionais altamente cualificados e con ampla experiencia nos distintos ámbitos da ensinanza pública e concertada: Primaria, Secundaria, Universidade, asociacións de pais, directores de centros, sindicatos, alumnos, entre outros.
Estará, por tanto, coordinada polo ex delegado de Educación e Concelleiro de Lugo, José Rábade, e integrada por especialistas na materia como Pastor Fuenteseca Díaz (ex-Director Xeral de Formación, ex-Secretario Xeral UXT Lugo e profesor en activo); Daniel Núñez Segade (Inspector de Educación e Ex-delegado provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes); Luis Álvarez Martínez (ex-Delegado Provincial de Educación, Inspector de Educación e Concelleiro do Concello de Lugo); Suso Otero Calvo (ex-Subdelegado do Goberno en Lugo e mestre xubilado); Ricardo Vicente Docasar Docasar (Director do IES Daviña Rey de Monforte); Nemesio Rodríguez Rodríguez (director do IES de Foz); Esther Muñoz Mella (Directora da Escola de Arte Superior de Deseño Ramón Falcón de Lugo e Concelleira de Educación no Concello de Lugo); Concepción Burgo López (ex-Decana da Facultade de Humanidades do Campus de Lugo); Elías Pérez Sánchez (Profesor de Filosofía); e Luis Rodríguez Edrosa (Secretario de Educación da Executiva Nacional do PSOE).




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



