O PP é un referente de estabilidade que traballa unido polos problemas dos españoles para saír da crise económica, herdada por un Goberno socialista
Barreiro pecha en Foz a campaña informativa “a verdade das reformas” facendo especial fincapé no maior descenso do paro nos últimos 16 anos
.O líder dos populares lucenses repasou as medidas acometidas polo Goberno Central asegurando que catro meses despois da reforma laboral prodúcese o maior ascenso de cotizantes nos últimos catro anos
. Reducir o déficit público, as reformas estructurais e un sistema financieiro solvente e capitalizado son os pilares básicos para os populares
Foz, 3 de xullo de 2012.- O Voceiro do GPP no Senado e Presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, pechou na Casa da Cultura de Foz a campaña informativa “a verdade das reformas” que se iniciou o pasado día 25 de maio na capital lucense e desenvolveuse por toda a provincia mediante Asembleas Informativas e reparto de dípticos informativos.
Barreiro que participou na meirande parte dos actos e que estivo acompañado por voceiros, alcaldes, Deputados Provinciais, Autonómicos e Nacionais da zona e do Secretario Xeral do PP de Lugo, José Manuel Balseiro, iniciou a intervención de hoxe facendo fincapé nos positivos datos do paro deste pasado mes de xuño.
“Catro meses despois da reforma laboral prodúcese o maior ascenso de cotizantes nos últimos catro anos. O descenso do paro este xuño é superior ao conseguido nos anos anteriores a crise. Atopámonos no mellor mes de xuño en 16 anos onde o número de desempregados baixa en preto de 100 mil persoas (98.853 concretamente), no mellor xuño dende 1996. Con esta cifra encadéanse 4 meses seguidos de xeración de emprego”- manifestou Barreiro quen engadeu que a reforma laboral do Goberno está sentando as bases da xeración de emprego indefinido e autónomo.
Falou tamén Barreiro de Galicia onde o paro reducíuse en máis de 7.000 personas e situouse en máis de 260 mil traballadores, un 2.68% menos que o mes anterior. Asegurou o líder popular lucense estes datos positivos débense a boa xestión do Goberno de Mariano Rajoy en España e de Alberto Núñez Feijóo en Galicia.
José Manuel Barreiro asegurou que nunca antes un Goberno fixo tanto en tan pouco tempo e asegurou que se os socialistas gobernasen en España cinco meses máis, o noso país sería intervido e hoxe non falaríamos dunha axuda á banca senón dun rescate do país.
“O PP chegou a Moncloa e púxose a traballar, acomentendo máis reformas que as que fixeron os socialistas en sete anos longos de Goberno, dicindo sempre a verdade malia a tomar decisións non gratas. Tivéronse que tomar unha serie de medidas para combater a herdanza envelanada que nos deixaron os socialistas; unhas reformas que gracias as cales, Europa confiou en nos e España non tivo que ser intervida”- manifestou Barreiro, quen lembrou que o apoio financiero por parte de Europa á banca foi clave para o futuro do euro e para garantir a financiación da economía”- manifestou Barreiro.
Falou tamén Barreiro do acordo acadado o pasado venres no Consello Europeo, calificando de positivo que Europa aceptase a recapitalización directa dos bancos e afirmando que o acordo acadado en Bruselas permitirá que o préstamo para a banca española se xestione a través do Fondo Europeo de Estabilidade Financieira (FEEF), mentras os países da Unión traballan para por en marcha un supervisor bancario único.
REFORMA SANIDADE
Afirmou o Voceiro do GPP no Senado que as reformas do Goberno Central garanten a Sanidade Pública, Universal, Gratuíta e de Calidade que o PSOE puxo en risco deixando un “pozo” de 16.000 millóns en euros.
“Os socialistas herdaron a mellor Sanidade Pública da historia e deixaron unha sanidade pública cunha débeda insostible. Unha débeda de 16.000 millóns de euros, poñendo en risco o suministro de medicamentos a hospitais e centros de saúde”- criticou Barreiro.
Lembrou o líder dos populares lucenses que a primeria reforma do Goberno Central foi garantir o suministro de medicamentos, pagando os 12.110 millóns de euros que se lles debía aos proveedores do sistema sanitario e a continuación, aprobar un Decreto de Medidas urxentes para garantir a sostenibilidade do Sistema Nacional de Saúde.
Destacou José Manuel Barreiro que Galicia será a comunidade autónoma española onde se paguen menos medicamentos, que a media que pagará un galego por medicamento ao mes será de 4.75 euros, co tope máximo de 8 euros, e ningún pensionista galego terá que adiantar diñeiro para medicamentos e cando pague eses 8 euros, automáticamente, non pagará nin un euro máis.
REFORMA EDUCACIÓN
Con respecto a reforma educativa dixo o Voceiro do GPP no Senado que o Goberno prepara a reforma educativa contando co consenso de todos para rematar co insostible fracaso escolar que deixaron as medidas “parche” do goberno socialista, polas cales tres de cada dez alumnos non rematan a escola e o 30% dos estudantes universitarios non rematan a súa carreira, o que a maiores, supón un custe aos españoles de 3.000 millóns de euros.
Afirmou Barreiro que a reforma prevé medidas orientadas á excelencia de centros e alumnos de cara á ensinanza superior e ao mercado laboral, onde os estudantes pasarán por tres probas para evaluar tanto os seus coñecementos como o seu centro educativo, os alumnos poderán elexir antes as vías do tipo de formación que queiran, refórzase a ensinanza das asignaturas básicas e os idiomas e os estudantes universitarios que necesiten unha beca terán que corresponder co seu esforzo.
Destacou ademáis Barreiro, que Galicia vai ser a comunidade coas taxas universitarias máis baixas de España, ao mesmo tempo que cumpre coa Lei e aplica o decreto aprobado polo Ministerio. Grazas aos esforzos de todos os galegos neste tres anos e ao rigor orzamentario da Xunta, as taxas conxelaranse para os estudantes que se matriculen por primeira vez, e subirán o mínimo para o resto das convocatorias- manifestou o popular lucense.
Barreiro tamén explicou outras medidas emprendidas polo actual Goberno de España como o Plan de Pago a Proveedores, a Futura Lei dos Emprendedores ou a Lei de Dinamización do Comercio Minorista e conclúeu a súa intervención asegurando que a primeira reforma que fixo o Executivo Central foi dicir a verdade e mostrouse convencido de que gracias as medidas que está adoptando o Goberno do PP, España sairá da crise económica e volverá a recuperar o prestixio internacional que nunca tería que haber perdido.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



