O ARI DE RIBADEO PERMITIU EN DEZ ANOS REHABILITAR 160 VIVENDAS NO CASCO VELLO. O CONCELLO ESTÁ A ENVIAR CARTAS AOS PROPIETARIOS DE INMOBLES QUE PRECISAN DUNHA ACTUACIÓN PARA QUE APROVEITEN AS LIÑAS DE AXUDAS DAS QUE DISPOÑEN E ASÍ PODER ACOMETER ESES TRABALLOS.
Ribadeo, 16 de xullo de 2012. O Ari de Ribadeo permitiu que se rehabilitasen 160 vivendas do casco vello en dez anos. O Concello está a enviar cartas aos propietarios de inmobles que precisan dunha remodelación para que aproveiten as liñas de axudas das que dispoñen e que poden chegar ata os 10.000 euros a fondo perdido.
O alcalde, Fernando Suárez, sinala que “ainda que o momento económico que estamos a pasar actualmente é francamente malo, tamén por extensión o sector da construcción se está a resentir, en Ribadeo no que ten que ver coa rehabilitación das dúas áreas que temos en funcionamento, o casco vello de Ribadeo e o casco vello de Rinlo, a verdade é que ofrecen uns resultados que convidan á esperanza, convidan a seguir traballando nesta eido”.
O rexedor explica que “no área de rehabilitación de Ribadeo, que leva dez anos en funcionamento, rehabilitáronse unhas 160 vivendas. Trátase dunha cifra importante, tendo en conta que cando se fixo a estimación inicial para o casco vello falóuse de que este programa chegaría para unhas 370 vivendas e levamos o 44% dos obxectivos cumpridos.En Rinlo estamos empezando, pero os resultados convidan á esperanza”.
Suárez Barcia anuncia que “estes días estamos enviando a veciños e propietarios de inmobles tanto do casco vello de Ribadeo coma de Rinlo unha serie de cartas abertas indicándonlles a posibilidade que seguen a ter de pedir estas axudas, que continúan financiando a Xunta e o goberno do Estado para a rehabilitación de particulares. A cifra pode chegar ata os 10.000 euros a fondo perdido, ademáis desde o Concello se bonifica a licencia de obra nunha porcentaxe moi importante e tamén desde a Oficina Municipal se elaboran os proxectos, así os veciños decididos a rehabilitar non teñen que costear o proxecto porque se fai gratuitamente”.
O alcalde ribadense diríxise nesas cartas a todos os propietarios que ainda non rehabilitaron as súas vivendas, “para dicirlles que si están pensando en facelo que non lle dean más voltas, porque aparte de que a rehabilitación particular dun inmoble contribúe na colectividade á hora de ter máis vivos e máis atractivos os cascos vellos e que iso, desde o punto de vista turístico, atrae a que abran novos establecementos comerciais e a que Ribadeo siga a ser un lugar de destino preferencial por parte de moita xente”.

























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



