O BNG FAI UN CHAMAMENTO A PARTICIPAR DA MOBILIZACIÓN DO DÍA DA PATRIA GALEGA COMO REXEITAMENTO ÁS POLÍTICAS DO RECORTE E O AFOGO DAS MAIORÍAS SOCIAIS EXECUTADAS POLO PP
Veiga anuncia diferentes actos na comarca para celebrar o 25 de xullo e avanza que o BNG porá a disposición autobuses para acudir á mobilización convocada o próximo mércores en Compostela baixo o lema “Rescata os teus dereitos”
Os nacionalistas propoñen mais autogoberno e mais democracia para mellorar o noso tecido produtivo e permitir que a xente opine sobre as gravísimas medidas impostas sobre a poboación.
A Mariña, 18 de xullo de 2012. Antonio Veiga outeiro, Responábel Comarcal, Ana Ermida, Responsábel de Acción Social da Executiva e Xoán Antón Estúa García, Vice –Responsábel Comarcal, presentaron as actividades que o BNG ten previsto desenvolver nos próximos días co gallo do Día da Patria Galega que terá como colofón a mobilización nacional prevista o próximo día 25 en Compostela baixo o lema “Rescata os teus dereitos! En Bloque podemos! Os nacionalistas explicaron que na comarca tamén están previstos diferentes actos a comezar pola XIX Festa da Patria Galega na tarde do sábado 21 en Foz, un acto aberto na mañá do domingo 22 nas rúas de Ribadeo e a VII Manifesta da Patria en Sto. Estevo do Ermo en Barreiros a partir da 14.00hrs. do mesmo día.
Fronte ao recortazo do PP, mais autogoberno, democracia e unha reforma fiscal progresiva para que pague quen mais ten.
Antonio Veiga afirmou que diante das políticas do recorte masivo de dereitos e o afogo das maiorías sociais, o BNG defende mais autogoberno para apoiar a base produtiva propia, banca pública galega para dar cobertura financeira aos autónomos, PEMES e familias. Mais democracia para que a xente poida opinar sobre unhas medidas impostas dende organismos sen control democrático como o FMI ou o BCE que os gobernos estatais, primeiro do PSOE e agora do PP acatan sen consulta popular. Mais control do fraude fiscal para evitar os 89.000 M€ anuais de fraude que estima o sindicato de técnicos de facenda, a maior parte deles por parte das grandes fortunas, unha reforma fiscal progresiva para que pague mais quen mais ten e evite gravar o consumo con medidas como a suba do IVA que so fará afundir mais aos sectores mais sensibles da sociedade.
Un 25 de xullo masivo para combater os recortes e o estrangulamento da sociedade
Os nacionalistas fixeron un chamamento a participar nun 25 de xullo masivo para demostrar que existen alternativas contra as políticas neoliberais e de negación da realizade nacional de Galiza. O BNG aposta por reformar a administración do estado eliminando as deputacións e os ministerios que invaden competencias autonómicas ou recortar o gasto militar e o financiamento da igrexa. Para Veiga o PP optou por recortar en política social e premiar aos defraudadores cunha amnistía fiscal masiva, inxusta e desproporcionada.
Para o BNG a participación na mobilización convocada o 25 de xullo en Compostela debe ser a demostración do rexeitamento social ás políticas do recorte do recorte dirixidas sempre cara as mesmas capas sociais xa golpeadas con dureza polas sucesivas medidas adoptadas nos últimos dous anos polo goberno Feijoo e nos últimos seis meses polo goberno de Rajoy.
Campaña informativa na Mariña e actos públicos nas localidades e buses para acudir á manifestación en Compostela.
Antonio Veiga, Ana Ermida e Xoán Antón Estúa explicaron que o BNG despregará nos próximos días unha campaña informativa na comarca para explicar as alternativas do BNG ás políticas da austeridade mal entendida do PP e o recorte masivo de dereitos sociais e laborais. Os nacionalistas teñen previstos repartos informativos en diferentes puntos da comarca así como actos públicos en Foz o sábado 21 coa XIX Festa da Patria Galega, en Ribadeo cun acto público na rúa na mañá do domingo 22 e o mesmo día a partir das 14.00hrs. VII Manifesta da Patria en Sto. Estevo do Ermo en Barreiros. Ademais anunciaron que o BNG porá autobuses para acudir á mobilización nacional do 25 de xullo que poderán reservarse no tlf. 982140654 que este ano celébrase baixo o lema Rescata os teus dereitos! En Bloque podemos!




















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



