MOCIÓN CONTRA AS MEDIDAS ECONÓMICAS E REFORMA DO RÉXIME LOCAL DO GOBERNO DO PP
Exposición de Motivos
O Goberno central vén de anunciar unha reforma do réxime local, sen ter en conta nin a opinión das Comunidades Autónomas con competencias como é o caso de Galiza, nin tampouco dos axentes municipais a través das asociacións representativas do municipalismo.
Baixo o pretexto da crise, pretende impor unilateralmente un modelo centralista local, que impida calquera posibilidade de adaptar á realidade galega o réxime local, alén de limitar a autonomía dos concellos á hora de xestionar os seus servizos para potenciar o papel das deputacións provinciais. Incluso, como actuación fronte á crise, trátase dunha proposta de reforma condenada ao fracaso, pois nin actúa sobre as causas reais que provocan a asfixia no financiamento dos concellos, nin tampouco garante unha suficiencia de fondos para atender as competencias municipais e as crecentes necesidades que as veciñas e os veciños demandan dos concellos.
O obxectivo que se persigue coa reforma é reforzar unha estrutura institucional caduca e sen utilidade, como son as deputacións provinciais, pois as súas funcións, de querer abordar unha reforma do mapa local con racionalidade, poderían ser asumidas polos concellos e pola Xunta de Galiza. A persistencia en manter e mesmo favorecer o modelo provincial, máis aínda cando existen restricións nos recursos económicos dos concellos para atender servizos e políticas sociais básicas, incide negativamente nunha xestión eficaz do diñeiro público, xa que obriga a manter estruturas burocráticas cuxa acción apenas repercute na veciñanza. Xa que logo, o realmente inaprazábel é suprimir as deputacións provinciais para que os concellos poidan dispor de máis fondos para atender directamente os servizos básicos que prestan, e tamén para que as políticas locais se coordinen a nivel galego a fin de garantir un acceso equitativo en todo o país.
Por outra banda, tamén se propón polo Goberno eliminar concelleiros e concelleiras, cando a súa incidencia no gasto público é ínfima tendo en conta que a maior parte dos cargos electos locais non perciben retribucións por adicación exclusiva. O que en realidade agocha esa proposta é unha tentativa de eliminación do pluralismo político, para reforzar no eido local un bipartidismo que está en crise, de impedir que forzas alternativas teñan voz e capacidade de decisión nos gobernos locais.
Tamén os concellos se vén afectados por medidas xa aprobadas, como é a redución salarial que de novo se aplica ás empregadas e empregados públicos, cando xa foron medidas ensaiadas con anterioridade que non contribuíron á recuperación económica senón que agravaron a situación de recesión por restar capacidade económica a un colectivo importante de persoas.
En suma, un conxunto de propostas cuxo obxectivo, máis que actuar contra a crise desde unha perspectiva social onde se favoreza ás persoas e colectivos máis afectados a través dunha redistribución da renda e da riqueza, inciden na liña de aproveitarse da crise para implantar o programa de máximos da dereita económica, inspirados no dogmatismo neoliberal, que en realidade procura manter os privilexios dos de sempre a costa de recortar dereitos das maiorías sociais.
E por isto que o grupo municipal do BNG presenta esta moción e solicita o voto favorábel do Pleno da Corporación municipal para a adopción do seguinte
ACORDO
1. Rexeitar as medidas de Reforma da Lei de Bases de Réxime Local adoptada polo goberno do PP no Estado, en canto invaden as competencias propias de Galiza, non solucionan a falla de financiamento que sofren os concellos galegos e atacan a autonomía municipal dos concellos de menos de 20.000 habitantes –amplísima maioría dos concellos galegos – potenciando ás deputacións provinciais.
2. Rexeitar a redución de número de concelleiros e concelleiras que se pretende por canto reduce o pluralismo político, a necesaria participación na xestión municipal e non significa aforro económico ningún por canto a inmensa maioría de concelleiras e concelleiros non perciben retribucións económicas.
3. Demandar a supresión das deputacións provinciais pasando as súas funcións a concellos e Xunta de Galiza, que conlevará un importante aforro económico e unha eficiencia na xestión.
4. Manifestar a nosa oposición a cargar sobre as funcionarios e funcionarios públicos e especialmente sobre o funcionariado municipal a crise económica coa supresión da paga extra de nadal e sobre a cidadanía coa suba do IVE, co recorte nas prestación ao desemprego, medidas que conlevarán unha redución da capacidade adquisitiva e unha caída no consumo e na actividade económica que prexudicará gravemente ao comercio e á actividade económica local.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



