O encoro de Río Covo acollerá unha xornada de piragüismo co campión olímpico David Cal
-A actividade terá lugar este xoves día 12 pola tarde e para participar é necesario inscribirse
-Poderán acudir todas as persoas que o desexen cos únicos requisitos de saber nadar e ter a partir de 8 anos de idade
Cervo, 9 de xullo de 2012-A delegación de piragüismo do Club Deportivo San Ciprián organiza, coa colaboración do Concello de Cervo, unha xornada de achegamento ao piragüismo que contará coa participación especial do campión olímpico David Cal, gañador de catro metais nos Xogos de Atenas e Beijing e que recentemente acadou o bronce no Campionato de Europa celebrado en Zagreb. A actividade terá lugar o próximo xoves, día 12, entre as 17:00 e as 20:00 horas no encoro de Río Covo, o mesmo lugar no que o padexeiro cangués leva case dous meses adestrando e preparándose para as Olimpíadas de Londres.
Para participar nesta xornada de piragüismo é necesario cumprir dous requisitos, como son saber nadar e ter a partir de 8 anos. Tamén é preciso inscribirse ata o 11 de xullo na Casa do Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián en horario de oficina, co obxectivo de que a organización poida preparar os equipos necesarios para o seu desenvolvemento. As persoas participantes terán á súa disposición todo o material de seguridade e o equipamento imprescindible para practicar este deporte.
Tres monitores nacionais do Club Deportivo San Ciprián, Javier García Garza, Ana Álvarez e Cristina García, serán os encargados de impartir este curso intensivo. Todos eles estiveron na presentación da actividade á que tamén acudiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, o edil de Deportes, José Ramón Soto, o padexeiro David Cal, o seu adestrador, Suso Morlán, e o presidente do Club Deportivo San Ciprián, José Antonio García Casas.
David Cal compartirá a súa experiencia como padexeiro con todas as persoas que participen nesta actividade, “e ben seguro a súa presenza na xornada terá unha grande capacidade de convocatoria, especialmente entre os máis pequenos” asegura o edil de Deportes. “Non todos os días temos a oportunidade de practicar un deporte xunto a un campión olímpico, e este é un momento ideal para coñecelo e aprender del” remarca José Ramón Soto, que lle agradeceu “a súa boa disposición a colaborar activamente en actividades coma esta”.
O padexeiro cangués acudira noutros anos a compartir o seu tempo con rapaces e rapazas das escolares deportivas “pero esta é a primeira vez que a xornada se desenvolve dun xeito práctico e nas augas do encoro de Río Covo”. Soto tamén quixo agradecer ao Club Deportivo San Ciprián “a súa desinteresada contribución a esta actividade achegando recursos humanos e materiais que fan posible que a xornada sexa unha realidade”.
“O goberno local pretende potenciar a práctica do piragüismo” engade o concelleiro, “tendo en conta que no municipio de Cervo dispoñemos dun lugar cunhas características excepcionais para a práctica deste deporte, como é o encoro de Río Covo”, e boa mostra diso é que “ven sendo o lugar de preparación de David Cal para unha cita deportiva tan relevante como son os Xogos Olímpicos” remata Soto.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
