O programa estival Noites Alternativas volve un ano máis con actividades deportivas e xogos
-A praza dos Campos, a praza do Souto e a praia do Torno son os escenarios das distintas iniciativas
Cervo, 14 de xullo de 2012-O Concello de Cervo pon en marcha un ano máis o programa de lecer Noites Alternativas, no que se inclúen numerosas actividades deportivas e lúdicas para todas as persoas de a partir de 10 anos en distintas localizacións de San Ciprián e Cervo en horario de 22:00 a 1:30 horas. O programa arrincará o vindeiro martes, día 17 de xullo, e rematará o 9 de agosto, tempo no que o Concello ofrece distintas posibilidades para que os usuarios elixan as máis axeitadas aos seus gustos.
As opcións van dende deportes como o fútbol sala, baloncesto ou fútbol praia, ata xogos variados para os máis pequenos. O ciclismo tamén terá cabida no programa coa organización do Día da Bicicleta, que arrincará o día 20 de xullo ás 17:00 horas cunha xincana e rematará cunha ruta en bici por San Ciprián.
En canto aos lugares de desenvolvemento do programa, varían en función das súas características. En San Ciprián a praza dos Campos acollerá os xogos e deportes como o fútbol sala, o baloncesto, ou a xincana do Día da Bicicleta, mentres o fútbol praia terá lugar no areal do Torno. No caso de Cervo, a praza do Souto é o lugar elixido para os xogos.
Moitas das actividades celébranse un só día, pero outras, en especial as deportivas, están organizadas en pequenos torneos de tres días de duración e segundo as distintas categorías de idades. En canto á inscrición, poderá facerse antes do comezo de cada actividade. No caso dos campionatos deportivos, deberá realizarse o primeiro día.
A edil de Deportes, Yolanda Pedreira, animou á veciñanza e a visitantes e turistas de Cervo a participar no programa Noites Alternativas “no seu cuarto ano consecutivo de posta en marcha co obxectivo de encher de actividades as horas de lecer nocturno”. A continuidade no tempo e os niveis de participación, “que se manteñen en cifras positivas”, levan a falar “dun programa consolidado que pretendemos seguir ofertando polo carácter activo e participativo das actividades e como fomento da práctica do deporte e das opcións saudables de lecer” remata Pedreira.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



