Este Xoves con Xeito, nos Mercados de Verán, títeres e músicas do mundo
Este xoves, 2 de agosto temos programadas dúas estupendas actuacións para todos os públicos na Praza do Concello de Mondoñedo, onde seguimos a celebrar os Xoves con Xeito dos Mercados de Verán de Mondoñedo.
Ás 8 da tarde, e para todos os públicos, un maravilloso espectáculo de títeres a cargo da compañía Mircromina Teatro de Títeres (www.mircromina.com) titulado “Vacacións no Mar”. Unha vibrante historia sobre unha rapaza que quería dar a volta ó mundo pero antes terá que afrontar algún que outro problema e axudar a un mariñeiro que ven de perder o seu barco, roubado por un pirata moi traste.
E a partir das 10 da noite, no mesmo lugar, o grupo Stranniki (http://www.youtube.com/watch?v=_29bsSMC2j4) porá a nota musical. En formación de trío, estes músicos de orixes diversas e liderados polo bielorruso Vadim Yukhnevich tocarán cancións tradicionais de diversos lugares do mundo.
O proxecto dos Mercados de Verán, posto en marcha por un colectivo de cidadáns de Mondoñedo e que aúna tamén o esforzo de dúas asociacións, unha de productores agrícolas e outra cultural, non só se está a consolidar como unha proposta de ocio e un punto de encontro para os habitantes e os visitantes da Mariña lucense, senón tamén como un escaparate de novedosas propostas creativas nos Xoves con Xeito, que en cada edición mudan de expositores para que sempre haxa algo novo que descubrir.
A seguinte cita dos Mercados de Verán terá lugar o domingo 5 de agosto; no Dia adicado á Xudía, os Domingos Frescos ofrecerán degustacións e show-cookings de pratos preparados con este producto, obradoiros para os máis pequenos, animación de rúa e, como ven sendo habitual, a programación de Radio Rabiza, a radio dos Mercados.