ANTONIO VEIGA ENTREGOU OS PREMIOS DO XVI TORNEO INTERNACIONAL DE FÚTBOL BASE COSTA NOVA
O vicepresidente da Deputación calificou este torneo deportivo como “un encontro, que ademais de potenciar o deporte de base, actúa como elemento socializador, así como de dinamización para comarca”
Foz, 1 de xullo de 2012. Esta tarde, o vicepresidente da Deputación de Lugo e responsábel das áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, entregou os premios aos equipos vencedores do XVI Torneo Internacional de Fútbol Base Costa Nova, no Estadio Martínez Otero, en Foz.
Os gañadores foron os seguintes: o Vetusta A, na categoría prebenxamín, o Balaídos, na categoría benxamín, o Olsangraf, na Alevín; o Helmántico, na Infantil; o Astur C.F na categoría cadete, e o Canillas, foi o gañador dos xuvenís.
Ademais, en cada categoría, houbo premios para o mellor xogador, o mellor porteiro, o máximo goleador, o mellor entrenador, así como ao equipo máis deportivo do torneo, aos mellores árbitros e á mellor afección; e todos os xogadores recibiron cadansúa camiseta commemorativa deste encontro.
Este torneo, que xuntou a 57 equipos, procedentes de nove provincias distintas, 17 deles da Mariña, e xe xogou en doce estadios diferentes da comarca, está organizado pola asociación Costa Nova e conta co patrocinio da Área de Deporte da Deputación de Lugo.
Antonio Veiga manifestou a súa satisfacción polo alto grado de participación nesta competición e polo alto nivel de xogo despregado e calificou este torneo deportivo como “un encontro, que ademais de potenciar o deporte de base, actúa como elemento socializador, así como de dinamización para comarca”





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
