A CORPORACIÓN ACORDOU POR UNANIMIDADE DIRIXIRSE Á XUNTA E AO GOBERNO DO ESTADO EN DEMANDA DE MEDIDAS URXENTES PARA PALIAR UN POSIBLE COLAPSO DO SECTOR LÁCTEO, “QUE ESTÁ A PAGAR A CRISE DUN XEITO BRUTAL”, SEGUNDO FERNANDO SUÁREZ.
Ribadeo, 6 de agosto de 2012. A Corporación Municipal acordou por unanimidade no seu último pleno ordinario dirixirse á Xunta e ao goberno do Estado en demanda de medidas urxentes para paliar un posible colapso do sector lácteo.
O alcalde, Fernando Suárez, dixo que “sempre destacamos a importancia do turismo en Ribadeo, hoxe mesmo destacamos as impresionantes cifras de visitantes, incluso en situacións económicas adversas, e tamén manifestamos o éxito de convocatorias coma a festa do percebe que esta fin de semana se celebrou en Rinlo, e que trouxo a moitísima xente a esta parroquia ribadense. Pero si todo isto é positivo non debemos esquecer a importancia que tivo e que ten o sector primario para a nosa economía tanto na comarca como en Ribadeo, concretamente o sector lácteo”.
O rexedor lembrou que “os gandeiros galegos son os que perciben un prezo máis baixo polo seu leite de todo o Estado. No mes de maio pasado recibiron un 5’5% menos do que é a media do prezo estatal do leite, e comparando con algunha outra comunidade un 15’61% por baixo do que perciben os produtores valencianos. E si o comparamos coas medias doutros países como Portugal, Holanda ou Alemaña as cifras van desde o 5 al 12% por baixo, e xustamente isto nun momento no que os custes de producción, fertilizantes, combustible, etc, teñen subidas espectaculares”.
Suárez Barcia destacou “o que unánimemente acordamos no pleno do pasado venres, dirixirnos aos gobernos do Estado e da Xunta para que articulen unha serie de medidas de maneira urxente de cara a evitar que o sector colapse definitivamente dunha vez por todas. A parte de congratularme de que todos estivemos a unha, quero lembrar que da xuntanza que se celebrou hai uns días no Concello de Ribadeo, e á que asistiron alcaldes da zona e representantes dos sindicatos agrarios, saiu algo moi importante que foi o compromiso de que desde cada Concello nos dirixamos ás empresas comercializadoras para pedirlles que non utilicen o leite como reclamo para outro tipo de produtos que queiran vender, que non o utilicen para vendelo por baixo do prezo de custo porque están contribuindo a arruinar a un dos sectores que máis se reconvertiu nos últimos anos e un dos sectores que está a pagar a crise dunha maneira brutal”. E engadiu que “agora todos os Concellos enviaremos unha serie de recomendacións ás cadeas de distribución alimentaria e estou convencido de que eles serán moi susceptibles de aceptar o que lles estamos a pedir para que nos axudemos entre todos”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



