A piscina climatizada de Lieiro incrementou o número de socios nun 15% no último ano
-Os asociados reais, que inclúen todos os socios que se benefician das cotas familiares aínda sen ser titulares, chegan aos preto de 700
Cervo, 7 de agosto de 2012-A piscina cuberta de Lieiro gañou socios no último ano. Entre xuño de 2011 e xuño de 2012, o número de persoas que pagan unha cota fixa pasou das 374 ás 439. Deste xeito, os socios aumentaron en case un 15% en 12 meses.
Cabe destacar que estes datos refírense unicamente ás persoas asociadas, pero existen numerosos usuarios que aboan a cota familiar, o que significa que hai un titular, que é o que consta como socio, pero hai máis membros da unidade que utilizan as instalacións. Tendo en conta este aspecto, o número de asociados reais aumenta ata os preto de 700, case 100 máis que no 2011. Tamén hai que salientar a existencia de moitos usuarios que non son socios e que acceden a través do pagamento dunha entrada puntual ou con bonos de 10 baños que non están contabilizados nestes datos. Ademais, hai datas especiais nas que o número de usuarios dispárase, como foi a pasada Semana Santa, cando en 7 días se rexistraron ao redor dun milleiro de accesos.
Ademais do acondicionamento e mantemento das instalacións da piscina climatizada para o seu uso diario, o Concello organiza numerosas actividades e cursos “para fomentar a súa utilización e potenciar a práctica de deportes acuáticos, que son moi beneficiosos para a saúde” explica a edil de Deportes, Yolanda Pedreira. Este curso pasado ofreceuse iniciación á natación, perfeccionamento, mantemento, aquagym e preparación de probas, neste último caso pensado para opositores. En total foron 210 as persoas que participaron nestas actividades, adaptadas ás solicitudes dos usuarios. De feito, no caso do aquagym, a elevada demanda levou ao Concello a crear un grupo máis. Ademais, esta actividade prolongouse ata o mes de xuño a petición dos beneficiarios, que querían seguir practicando estes execicios.
A piscina de Lieiro permanece pechada no mes de agosto, como é habitual, e durante estas semanas estanse realizando traballos de mantemento. Aínda así, neste tempo as instalacións deportivas do complexo, como son o ximnasio ou a sauna, permanecen abertas. Aínda así, as persoas que desexen darse un baño na piscina poden acudir ás instalacións de Río Covo, que dispoñen de dous vasos. O día 3 de setembro a piscina de Lieiro volverá estar aberta e no mes de outubro arrincarán os cursos.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



