A asociación Mariña Jazz (AMAJAZZ) e o Hotel Nordés organizan unha jam session o xoves 23 de agosto, a partires das 22:30h, na terraza do propio hotel. A jam session estará coordinada polo vibrafonista de jazz burelés Israel Arranz e contará cun grupo base formado polos membros de AMAJAZZ Silvia Rozas, frauta; Bruno Valle, trombón; Israel Arranz, vibráfono; Mario Arranz, baixo eléctrico; Daniel Arranz, bateria. Os organizadores animan a acudir ao evento, a que desexe disfrutar en directo de standards de jazz e aos músicos da comarca que queiran participar nela.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



