ANTONIO VEIGA RECLAMA Á XUNTA MAIOR COMPROMISO COA MARIÑA LUCENSE
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo e o concello de Ribadeo asinan un convenio de colaboración para por en marcha o proxecto “Praia das Catedrais”, que repercutirá directamente na creación de emprego
Ribadeo, 14 de agosto de 2012. O vicepresidente da Deputación Provincial de Lugo e responsábel das Áreas de Benestar Social e Deporte, o nacionalista Antonio Veiga, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asinaron un convenio de colaboración mediante o cal o ente provincial aportará 40.000 euros para afrontar os gastos do proxecto denominado “Praia das Catedrais”.
Antonio Veiga explicou que “Praia das Catedrais é unha iniciativa do Concello de Ribadeo, un proxecto de calidade co que se pretende mellorar o servizo de información turística dun dos enclaves de maior proxección Galiza. Grazas a este convenio de colaboración que vimos de asinar, poderase contratar persoal para a atención do punto de información turística e dar cobertura a demanda existente de información da praia, pero tamén permitirá a contratación de traballadores para labores de limpeza, baleirado de foxas sépticas, desbroce e acondicionamento do terreo, deseño, tradución e edición de material turístico en diversos idiomas así como a realización de programas de promoción turística e mellora da oferta turística”.
Para o vicepresidente da institución provincial “este convenio constitúe unha actuación de interese público que incidirá de forma positiva no sector do ocio e do turismo e, en consecuencia, no sector económico do municipio e da comarca”.
A Praia das Catedrais é un enclave paisaxístico e turístico de primeira magnitude na comarca da Mariña e en Galiza; é a porta de acceso á Comunidade polo norte, forma parte do Camiño Norte Compostelán, está considerada Lugar de Interese Comunitario e foi declarada Monumento Natural; algo que, segundo Veiga “parece descoñecer o Goberno galego que non incluíu a Praia das Catedrais no ‘Top ten turístico’, a pesar de ser un dos lugares máis visitados de Galiza. Está demostrado que non todas as institucións apostan do mesmo xeito polo coidado e a promoción desta comarca. O Partido Popular ten moitas débedas coa mariña lucense”.





















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



