ESPECTÁCULO DE ILUSIÓN E HUMOR PARA A POSTA DE GALA LARANXA
O Burela FS Pescados Rubén, da Primeira División Feminina e Masculina, presentou o proxecto 2012-13 onte, no undécimo aniversario da entidade, envolto polo ilusionismo e humor do espectáculo conducido polo Mago Senín. O público congregado na casa da cultura da localidade tivo a oportunidade de coñecer os cadros feminino e masculino que pelexarán na máxima categoría, nun acto que abriron a proxección audiovisual laranxa Empezamos? e o spot da nova campaña de socios/as da entidade, Deixa que o espírito laranxa entre en ti!
O cadro que dirixirá un ano máis Javier Pardeiro presentou como novidade as incorporacións da porteira coruñesa Patricia Otero e de Daniela Domingues, ambas ex do Cajasur. Tamén se presentou ao público a volta de Lara Balseiro á disciplina laranxa.
Pola escuadra masculina, centraron a atención dos afeccionados/as que se deron cita no auditorio municipal as novas fichaxes de Hugo, Mimi e Nacho Pedraza e o regreso de Edu e Dani Martín. Outra das caras novas do Burela FS nesta etapa, Enrique Cánovas, perdeu o acto, ao estar inmerso no Mundial Universitario de Braga, con España.
Neste primeiro acto de 2012-13, os membros de ambos os conxuntos presentaron, entre diferentes números de maxia, a indumentaria de Joma que lucirá o Burela FS Pescados Rubén no novo exercicio, tanto as equipacións oficiais de xogo coma a roupa de adestramento e de paseo.
Os capitáns Juanma e Dolo e o presidente do club, José Ramón González Casas, puxeron o broche á presentación animando os alí presentes para que Vista Alegre e a súa afección sigan sendo o sinal de identidade do espírito laranxa nesta tempada histórica para o deporte mariñán. Nunha noite de ilusión, o Mariskal invocou “a maxia laranxa para que os dous equipos acaden unha boa tempada con traballo, esforzo e ganas”. A este propósito tamén se uniu Dolo, que cualificou o apoio de Vista Alegre de “verdadeiro luxo” e prometeu “dedicación total e absoluta para que o Burela FS poida saborear algún título este ano”






















O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
