Éxito do Resurrection Fest con 30.000 visitante e beneficios de 1,4 millóns de euros
– Lara Méndez, Melchor Roel, xunto a Iván e David Méndez, fixeron balance da maior convocatoria do festival de hardcore, punk e heavy de España con proxección internacional
– O “espírito Resurrection” deixouse sentir na cidade do Landro: cubríronse o 100% das prazas hoteleiras, incrementouse o aluguer de vivendas, esgotáronse os cartos nos caixeiros e aumentou o número de vendas nos restaurantes, supermercados e farmacias
– Os organizadores desta cita adiantaron que en 2013 haberá unha oitava edición para a que xa están a preparar algunha sorpresa
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, o Alcalde viveirense, Melchor Roel, e os dous organizadores do Resurrection Fest, Iván e David Méndez, fixeron balance este xoves no consistorio de Viveiro da maior convocatoria do festival hardcore, punk e heavy metal, que reuniu, en tan só tres días, a preto de 30.000 persoas, deixando en dita localidade mariñana máis de 1,4 millóns de euros.
O “espírito Resurrection” deixouse sentir na cidade do Landro durante o pasado xoves, venres e sábado, pois cubríronse o 100% das prazas hoteleiras – tendo que aloxar a algunha das bandas fóra da cidade-, incrementouse o aluguer de vivendas, esgotáronse os cartos nos caixeiros e aumentou o número de vendas nos restaurantes, supermercados e farmacias. Lara Méndez destacou o éxito rotundo que acadou o festival este ano, e atribuíuno “ó bo traballo e o gran esforzo que fan os organizadores durante meses”. Ademais, a Vicepresidenta subliñou que “iniciativas deste tipo son as que contribúen a paliar os efectos económicos da crise que estamos a sufrir”.
A proxección internacional deste festival hardcore, punk e heavy metal, xunto co impacto que ten na economía local, levou ó organismo provincial a apoiar por segundo ano consecutivo a cita musical, que reuniu a máis de medio cento de bandas de música, nos tres escenarios situados no novo campo de fútbol de Lavandeiras. Lara Méndez salientou, ademais, que a achega da Deputación, de 10.000 euros -a mesma contía que aportou o pasado ano- serviu para “potenciar o respecto polo medio ambiente e as prácticas de reciclaxe que xa caracteriza a esta cita musical. “Hai moitos prexuízos sobre este tipo de festivais, existe a crenza de que se provocan estragos, sucidade… pero o Resurrection Fest é un exemplo de que isto non é así, senón que hai moi bo ambiente, en todos os sensos”, engadiu.
Pola súa banda, o Alcalde definiu ó festival como “un exemplo de convivencia, unha nova forma de entender a vida, amosando unha capacidade de educación difícil de encontrar”. Sinalou tamén que “ademais de ser un evento alternativo, o Resurrection transfórmase nun feito cultural, de liberdade, e sobre todo, socioeconómico para o Concello de Viveiro”.
Os organizadores, Iván e David Méndez, remarcaron a inexistencia de incidentes durante os tres días do festival. Ó mesmo tempo, fixeron fincapé nunha nova edición, a oitava, na que xa están traballando co obxetivo de mellorar e evolucionar e na que, segundo aseguraron, xa hai algunha sorpresa preparada.
Anécdotas do “espírito Resurrection”
Nada máis rematar o festival, dous artistas a nivel internacional da música hardcore celebraron o seu enlace en Viveiro para reivindicar que o “espírito Resurrection” segue e seguirá presente tanto neste recuncho da Mariña como no resto de España. O Alcalde viveirense Melchor Roel, foi o encargado de oficiar a cerimonia nupcial que tivo lugar na sala de xuntas da Comisión do Goberno, á que acudiron preto de corenta persoas, entre os que se atopaban membros da organización do festival e un par de bandas que horas antes actuaran no festival, grupos que aprazaron algún dos seus compromisos para poder acudir á voda que puxo o punto e final á máis grande das sete edicións do festival.
O cartel deste ano
O obxectivo fundamental deste evento, que contou cun orzamento de 700.000 euros, é reunir ós principais grupos de música hardcore do panorama internacional e ás bandas emerxentes máis destacadas do país. Nesta sétima edición, como novidade, estreouse un novo recinto, o novo campo de fútbol de Lavandeiras, cunha extensión de 24.000 metros cadrados, onde se colocaron os tres escenarios: o principal ou Monster; o secundario ou Jagermeister; e o terceiro ou Arnette, que se inaugurou tamén este ano, acollendo concertos de 16 grupos. Neste último escenario soaron os directos de “Stigma”, “A New Heaven Arise”, “The Brosas”, “In Vivo”, “Kill as One”, “Amaterasu”, “Opcoming Of Devastation”, “Fields”, “Above The Seas”, “End Of Truth”, “Strikeback”, “Raze”, “Rain Is Art”, “Mary Read”, “The Chaos Is Coming” y “Against Authority”. O mesmo plató recibirá concertos en acústico de “Anti-Flag”, “Berri Txarrak”, “Tim Vantol” e “Back to 1984”. O resto do cartel, composto por máis medio centenar de artistas, concretamente 64, +integrárono bandas como “Suicidal Tendencies”, “Against Me!”, “Descendents”, “At The Gates”, “Agnostic Front”, “Nasum”, “Converge”, “Soziedad Alkoholica”, “Adrift”, “G.A.S Drummers” o “Moksha”.
Acampada libre en San Roque e no parque Pernas Peón de Covas, exhibicións de skateboard e sesión de Djs tras rematar os concertos puxeron o broche final á sétima edición deste evento, no que se prepararon máis de 20 viaxes dende as principais cidades de España, Oporto e incluso a zona sur de Francia, con destino Viveiro para asistir ó maior festival de música dura da Península.
Naceu da man de dous rapaces
No ano 2006 naceu este evento musical de mans de dous rapaces nun concerto en Nova Iork, que se propuxeron facer un concerto de heavy, ó que lle chamarían Viveiro Summer Fest, durante as festas da cidade do Landro. Malia o apoio do Alcalde do Concello e a súa boa acollida, tivo que suspenderse pola enfermidade dun dos compoñentes da única banda asistente: Sick of it all. Tan só uns meses despois, en novembro, e logo das innumerables críticas que recibiron os mozos, o festival levouse a cabo baixo un novo nome: Resurrection Fest. Así, tras seis edicións, esta cita foi crecendo ata ser considerada o maior festival hardcore, punk e heavy metal de toda a península. No ano 2010, o formato do festival pasou a durar tres días e a aumentar, tanto o número de asistentes, como o de bandas participantes hasta chegar a un total de 150.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



