O XOVES TERÁN LUGAR AS PROBAS DE SELECCIÓN PARA CUBRIR TRES POSTOS DE TRABALLO NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA.
Burela, 28 de agosto de 2012. O vindeiro xoves, 30 de agosto, terán lugar as probas de selección de persoal para cubrir tres postos de traballo na Escola Municipal de Música, segundo informa a Concellería de Educación e Cultura.
Mónica Pedre asegura que “se trata de cubrir as prazas de profesor de óboe, de frauta e de clarinete, neste último caso tras a renuncia do anterior mestre. No tribunal de selección participarán músicos de recoñecido prestixio dentro da nosa comunidade autónoma”.
Para a edil popular “deste xeito amósase o compromiso do equipo de goberno coa Escola Municipal de Música e con todas as actividades que se organizan a través da mesma. O obxectivo final é a formación dos alumnos a das alumnas da escola o Concello ten que centrarse no apoio daquelas actividades que parten do propio Concello, neste caso da Escola Municipal de Música de Burela”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



