O BNG DE BARREIROS DENUNCIA O CAOS SUFRIDO ESTA FIN DE SEMANA CO ABASTECEMENTO DE AUGA NO CONCELLO. ALGUNHAS PARROQUIAS ESTIVERON VARIAS HORAS SEN SUBMINISTRO E INCLUSO AS DUCHAS DALGUNHAS PRAIAS NON TIVERON AUGA. OS NACIONALISTAS SOLICITAN QUE O GOBERNO MUNICIPAL EXPLIQUE CAL É O PROBLEMA E QUE ADOPTE MEDIDAS URXENTES PARA DARLLE SOLUCIÓN.
Barreiros, 20 de agosto de 2012. O BNG de Barreiros denuncia que durante a fin de semana, as veciñas e veciños de Barreiros sufriron novamente problemas de desabastecemento de auga, situación que ocasionou moitas queixas.
A voceira dos nacionalistas, Ana Ermida, dixo que “o que xa anunciamos e denunciamos desde o BNG durante as últimas semanas, fíxose máis palpable nesta fin de semana, na que as veciñas e os veciños non tiveron abastecemento de auga durante as principais horas do día. Nas últimas xornadas recibimos numerosas queixas polos problemas coa auga que están a sufrir as veciñas e veciños das parroquias costeiras, que non puideron utilizar a auga municipal durante as principais horas do día”.
Desde o BNG de Barreiros amósanse moi críticos coa actitude amosada polo alcalde barreirense con este asunto, “non dando a cara e intentando negar a evidencia e botando balóns fóra, non asumindo a súa responsabilidade. Por iso lle pedimos ao goberno municipal que explique cal é o problema que se está a producir, porque todo parece indicar que é un problema técnico e non de escaseza de auga, como pretenden facernos crer”. Os nacionalistas insisten en que “as veciñas e os veciños de Barreiros están a pagar por un servizo que non poden usar e están a sufrir as continuas subas no prezo sen ver ningunha mellora neste servizo. Porque ao desabastecemento súmase que, cando comeza a saír a auga polas billas, sae revolta e en malas condicións”.
Ermida sinalou que “todo parece indicar que se trata dun problema da rede xeral, non dun problema de escaseza, xa que a captación faise no río e non está tan baixo como para que existan problemas de desabastecemento. Sería normal poñer restricións de uso se existise un problema de seca, pero cando o problema é de capacidade da rede, as restricións non serven máis que para xustificar o traballo mal feito”.
Os nacionalistas agardan que “o alcalde explique que está a pasar e que adopte medidas urxentes para solucionar este problema que afecta a grande parte da poboación barreirense, destinando os fondos que existen para a mellora deste servizo para iso. Tamén supoñemos que o goberno municipal asumirá que estas son as consecuencias da súa xestión e que isto é o que perxudica ao turismo. Sorpréndenos que a grande aposta deste goberno municipal fora un presunto desenvolvemento do concello destinado ao turismo e que, a pesares de non estaren ocupadas a inmensa maioría das vivendas proxectadas, os problemas cos servizos básicos sexan tan evidentes. Esta fin de semana non houbo auga en parroquias coma Reinante, San Miguel, Benquerencia, San Cosme ou Viladaide e, incluso, zonas de praia como Altar ou o Acantilado, onde non houbo auga nas duchas e nos baños. Isto é o perxudica notablemente ás veciñas e aos veciños, ao turismo e aos establecementos hosteleiros”.
Para o BNG “é a xestión do Partido Popular e a súa aposta por un modelo insostible a que nos leva a esta situación: a aposta por un modelo de crecemento sen ningún tipo de previsión e sen garantir os servizos para a poboación, tal e como sempre manifestamos desde o BNG. O alcalde, como responsable municipal, e o goberno de Barreiros deben explicar que é o que está acontecendo e adoptar medidas urxentes para garantir un servizo que as veciñas e veciños están pagando”. Ana Ermida engadiu que “con isto demóstrase que este goberno está desaparecido e que está levando á totalidade do Concello ao abandono total. Se xa tiña a zona interior completamente esquecida, para que agora tamén obvia á zona costeira”.





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



