DIANA DURÁN VALORA DE XEITO MOI POSITIVO O APOIO QUE DESDE A XUNTA SE ESTÁ A PRESTAR AO CONCELLO E ÁS ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO DA VILA. A EDIL POPULAR REFÍRESE ÁS ÚLTIMAS SUBVENCIÓNS QUE ACABAN DE RECIBIR O CENTRO SAN ANÍBAL E O PROPIO CONCELLO.
Burela, 3 de agosto de 2012. A concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, amósase satisfeita do apoio que a Xunta de Galicia lle está a brindar ao propio Concello e ás entidades sen ánimo de lucro da vila en materia de servizos sociais. De feito Burela ven de recibir unha subvención de 11.464 euros para o desenvolvemento de programas dirixidos á reducción do abandono escolar, “trátase do 100% do solicitado”.
Durán subliña que “ademáis o centro San Aníbal, rexentado pola congregación do Divino Celo, dispón de 19.400 euros para facer frente ao gasto corrente de persoal. Eso é a través das partidas destinadas pola Secretaría Xeral de Igualdade a entidades de iniciativa social e sen ánimo de lucro para programas de mulleres e recursos integrais para lactantes e xestantes”. A concelleira de Servizos Sociais lembra que “cando o bipartito estivo na Xunta este centro non recibiu subvención algunha e tampouco están a recibir nada da Deputación Provincial de Lugo, na que tamén gobernan PSOE e BNG. Eles deberán explicar o por qué desa falla de apoio ao traballo que desenvolve o centro San Aníbal de Burela e outras entidades sen ánimo de lucro”.
A edil popular indica que “mentras uns adoptan esa actitude desde a Xunta séguese a prestar apoio ás iniciativas de carácter social, tanto ás que realizamos desde o Concello como ás que levan adiante entidades sen ánimo de lucro. Para mostra aí temos os máis 44.000 euros que recibiu o CIM de Burela hai uns días, e a nova subvención de 11.464 euros que nos acaban de conceder para desenvolver programas dirixidos á reducción do abandono escolar. Os datos falan por sí mesmos e a cidadanía debe coñecelos e valoralos”.