O CONCELLO PIDE A COLABORACIÓN DE ABSA E DA ASOCIACIÓN DE EXPORTADORES DE PEIXE PARA EVITAR QUE OS CAMIÓNS QUE TRABALLAN NO PORTO VERTAN OS LÍQUIDOS DOS SEUS ISOTERMOS POLAS RÚAS DE BURELA. ESTA SITUACIÓN, SEGUNDO FERNÁNDEZ VALLE, ESTÁ A XENERAR MOITAS QUEIXAS VECIÑAIS.
Burela, 10 de agosto de 2012. O Concello enviou escritos a Armadores de Burela e á Asociación de Exportadores de Peixe en demanda de colaboración para evitar que os camións que traballan no porto vertan o líquido dos seus isotermos polas rúas da vila. O equipo de goberno recibe moitas queixas dos veciños polo forte cheiro que esto ocasiona, segundo explica o tenente de alcalde e concelleiro de Tráfico, Manuel Fernández Valle.
O edil popular dixo que “durante este verán, ao igual que en anos anteriores, nos atopamos cos problemas que plantexan algúns dos camións que transportan o peixe que se desembarca en Absa. Algúns deses vehículos saen cos grifos de desaugue abertos e van verquendo o líquido dos seus isotermos polas rúas da vila cando saen de Burela, e en días de calor esto provoca un olor moi molesto”.
Fernández Valle indicou que “tendo en conta que ademáis eso é ilegal porque as normas vixentes de tráfico prohíben que os camións isotermos vertan ningún tipo de líquido á estrada, estamos a adoptar as medidas pertinentes para que eso non ocurra. Desde o equipo de goberno temos a firme intención de evitar que esto se siga a producir porque recibimos queixas de veciños, que nos din que en certos días non poden abrir as súas ventás polo cheiro pestilento que ás veces lles chega ás vivendas”.
O concelleiro de Tráfico sinalou que “desde o Concello temos falado con Armadores de Burela e coa Asociación de Exportadores de Peixe. Sabemos que esta problemática non é competencia de Absa, pero pensamos que poden axudarnos a solucionala. E a Asociación de Exportadores nos pode botar unha man porque pode chegar ás empresas de fora de Burela, que teñen camións traballando aquí para que esta situación se corrixa. Si vemos que esto se segue a manter actuaremos conforme á lei”.
Manuel Fernández Valle engadiu que “desde a Alcaldía se ten enviado unha carta a Armadores de Burela pedíndolles a súa colaboración e sabemos que así vai ser e tamén á Asociación de Exportadores de Peixe pedíndolles a súa intermediación coas empresas de fora de Burela que traballan no muelle para que fagan o posible por evitar unha situación que é molesta”.
Desde o equipo de goberno queren deixar claro que “non estamos a poñer trabas a ninguén para traballar. Somos perfectamente conscientes da enorme riqueza que xenera o movemento de peixe no porto, pero eso non quita que os conductores dos camións cumpran coa normativa vixente en materia de tráfico, que prohíbe de forma taxativa o verquido de calquera produto á vía pública. Sabemos que contamos coa colaboración de Absa e dos exportadores. Agardamos que se arranxe polas boas e a través do diálogo, pero de non ser así faremos cumprir as medidas que aparecen na normativa vixente tal e como o alcalde lles comunicou por escrito aos armadores e aos exportadores de peixe”.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



