Ducias de persoas, na súa maioría xoves e rapaces, participaron no descenso humorístico do río Landro a bordo das máis variadas embarcacións, cando non agarrados a un flotador ou a unha colchoneta de praia. O descenso e a posterior verbena foron os derradeiros actos previos ao último día da multitudinaria romaxe do Naseiro que remata hoxe.
A baixada do Landro deu comenzo ás cinco da tarde, preto do eucaliptal de Chavín, para que non a empezou a medio recorrido, e rematou pasadas as sete, ante centos de persoas que agradaban aos participantes a altura da ponte do campo da romaría. Polo Landro baixou dende unha voda, con noivos e convidados, ata un coche de choque, sen esquecer aos navegantes que optaron por facer a travesía en solitario ou noutro tipo de embarcacións. A chegada agardábaos un estraño gaiteiro, con uniforme de policía de ningures.
A edición deste ano da romaxe do Bo Xantar remata esta noite coa actuación dos grupos Aramio y Suavecito. Atrás quedan días e días de troula que comezou antes do 25 de agosto, Día do polbo, preparando a acampada, que comezará a desmontarse mañá, día 30.
