O Día do Turista e as Veladas de teatro encheron Cervo de festa e entretemento na fin de semana
-Cervenses e visitantes gozaron de numerosas actividades lúdicas, culturais e deportivas pensadas para grande variedade de público
Cervo, 6 de agosto de 2012-Cervo viviu esta pasada fin de semana uns días cargados de actividades pensadas para diferentes públicos, todas elas dirixidas a dinamizar a vida social, cultural e deportiva do municipio. En concreto, dous programas diferentes encheron de contido estes días. Tratouse das XII Veladas de teatro no Souto e V Express+arte en Cervo, e o XXXI Día do Turista en San Ciprián.
En ambos casos, segundo o alcalde, Alfonso Villares, “o resultado foi moi positivo e hai que agradecerllo a varias entidades e asociacións, como son Teatro O Bordelo de Cervo no caso das Veladas de teatro, e o CIT de San Ciprián así como ACIA, ou o Club Náutico Amigos do Mar no Día do Turista”. Todas elas, segundo Villares, “forman parte do amplo tecido asociativo que existe no municipio e que fan que Cervo permaneza activo, mantendo entretidos aos veciños e veciñas e atraendo a visitantes e turistas”.
As dúas citas son eventos consolidados, cunha longa traxectoria ás súas costas, e que “precisamente por formar parte da tradición lúdica e cultural do municipio seguen convocando a numeroso público”.
No caso das Veladas de teatro, esta era a edición número 12, mentres Express+arte, que incluía actuacións de artistas, chegaba á quinta edición. O programa foi máis alá da fin de semana, e incluíu catro días intensos, dende o xoves ata o domingo, de teatro e espectáculo “nun lugar emblemático da localidade de Cervo, como é a praza do Souto” asegura Villares. O aforo, de máis de 300 persoas baixo unha carpa instalada polo Concello, completouse en todas as xornadas, demostrando “por unha banda que en Cervo existe un público interesado na cultura, e por outra banda, que o teatro afeccionado e as persoas con talento teñen un papel fundamental na nosa sociedade”.
O Día do Turista celebraba este ano a súa edición número 31, incluíndo novidades como a Travesía de Natación Porto de San Ciprián, e mantendo citas xa habituais como o Antroido de verán ou tan tradicionais como o concurso de castelos de area, que se celebra dende o primeiro ano do Día do Turista. Ademais, houbo un mercado de artigos de segunda man, pasarrúas co grupo “Os Farallóns”, taller de vimbio, teatro infantil e degustación de bolos preñados. Un conxunto de actividades “coas que San Ciprián se mantivo vivo e cargado de eventos durante todo o día, conseguindo sacar a veciñanza e turistas ás rúas” remata o rexedor.

























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



