A Asociación De Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz (ACIA) e o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Foz puxeron en marcha unha campaña para poner en valor a lingua galega na hostalería local.
Con este fin editáronse manteis con pasatempos, xogos de palabras e vocabulario en galego, para acadar que as casas de comidas e restaurantes focenses colaboren na visibilización da lingua galega durante o verán.
Se ben o sector hostaleiro focense mantén actitudes positivas cara á lingua galega, en numerosas ocasións o galego ten dificultade para empregarse con normalidade neste ámbito de uso debido a antigas inercias.
A campaña, que foi presentada na Feira do Libro de Foz, fai unha aposta polo plurilingüísmo, tentando deste xeito que a lingua galega sexa un atractivo máis para o turismo que visita a vila na tempada de verán.