O libro sobre os faros de Galicia titulado “Finisterraes”, do que é autor o fotoxornalista Xulio Villarino, foi dado a coñecer na feira do libro de Foz. Da presentación do fotógrafo, natural de Fazouro, encargouse o xornalista e locutor ribadense Beni Mántaras. Despois de explicar o proceso de elaboración da obra Xulio Villarino asinou varios exemplares.
