A XIV EDICIÓN DA CARREIRA POPULAR CONCELLO DE VIVEIRO, REUNIU MÁIS DE 200 ATLETAS NA PROBA ABSOLUTA UN ANO MAÍS.
O pasado sábado celebrouse en Viveiro a XIV Carreira Popular Concello de Viveiro “Memorial Julián Bernal” e este ano en homenaxe á atleta Esther Pedrosa,
Pola mañá tiveron lugar as carreiras das categorías menores nas que participaron un ano máis 200 rapaces e rapazas. Pola tarde a carreira absoluta, proba que conta cun percorrido de 12 quilómetros e na que este ano obtivo o primeiro posto o atleta Rafael Fuentes Lubian cun tempo de 38 minutos 37 segundos, estivo seguido de preto dos atletas Nicolás Arrojo e Daniel Trigo que remataron segundo e terceiro respectivamente, a gañadora absoluta da proba foi a atleta Maria Jesús Gestido, seguida de Águeda Blanco e a homenaxeada Esther Pedrosa, foron en total máis de 215 atletas inscritos e un total de 178 os que remataron a proba debido ó día de calor.
Cadete masculino: 1º Oscar Arias
Xúnior Femenino: 1ª Iria Castro
Xúnior Masculino: 1º David Cruz, 2º Alexandre Gómez, 3º Jorge Michelena
Senior Femenino: 1ª Maria Jesús Gestido 2ª Águeda Blanco, 3ª Eusebia Maldonado
Senior Masculino: 1º Nicolás Arrojo, 2º Daniel Trigo, 3º Alejandro Paleo
Veteranos A: 1º Delio Val, 2º Pablo Díaz, 3º Jose Angel López
Veteranas A: 1ª Noemí Moral, 2ª Susana Bellas, 3ª Consuelo Amado
Veteranos B: 1º Rafael Fuentes, 2º Manuel Oliver Perez, 3º Andrés Piñón
Veteranas B: 1ª Esther Pedrosa, 2ª Yolanda Quirós, 3ª Teresa Corral
Veteranos C: 1º Carlos Piñeiro, 2º Victor Sande, 3º Manuel F. Rodriguez
Veteranas C: 1ª Begoña de Arriba, 2ª Olga Fernandez, 3ª Francisca Romasanta
Veteranos D: 1º Manuel Taboas, 2º Luis Fernandez, 3º Enrique Iglesias
Veterano E: 1º Francisco Soto, 2º Emilio Toral, 3º Jose Allegue
Veterano F: 1º Antonio Hernandez, 2º José García, 3º Fernando Ramos
Veterano G: 1º Antonio Cabana, 2º Manuel García
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
