O VINDEIRO LUNS COMEZA O CURSO 2012/13 NA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE BURELA NA QUE SE MATRICULARON 120 NENOS E NENAS.
Burela, 26 de setembro de 2012. O vindeiro luns, 1 de outubro, dará comezo o curso na Escola Municipal de Música de Burela. Onte na Casa da Cultura tivo lugar a presentación do mesmo á que asistiron o alcalde de Burela, José Mª González Barcia, a concelleira de Servizos Sociais, Diana Durán, e o director da Escola, Xan Carballal.
Son 120 os nenos e nenas matriculados para o curso 2012/13, dato que merece unha valoración moi positiva por parte do equipo de goberno.
O rexedor lembra que “a Escola Municipal de Música de Burela foi posta en marcha a finais dos anos 90 por un goberno do Partido Popular. E tamén é un equipo de goberno do PP o que procedeu a aumentar a súa oferta educativa, a pesares da situación actual de crise”. González Barcia dixo que “o noso obxectivo, como xa comentamos noutras ocasións, é potenciar o propio como ocorre neste caso coa Escola Municipal de Música de Burela”. O alcalde amosou o seu decidido apoio ao proxecto que se está a desenvolver na Escola.
Más de medio cento de persoas acudiron onte á presentación do novo curso da Escola Municipal de Música de Burela.